Entrevista a Manuel Núñez Singala na Radio.
Dúas alumnas foron as encargadas de escribir e realizar unha entrevista na Radio do instituto a Manuel Núñez Singala onde lle preguntaron pola súa vida de escritor, recomendacións de libros así como por temas nos que el profundiza nos seus libros como o uso do galego ou o seu traballo na Universidade de Santiago de Compostela.
Durante os recreos, o profesor Roberto de Andrés realiza un obradoiro para o profesorado interesado en recibir a formación necesaria para o manexo da radio escolar.
Aprenderon como gravar, editar, regulación do son...
Proxecto Quimedo.
Nesta serie de episodios co título Proxecto Quimedo, o alumnado de Proxecto Competencial de 2º da ESO do IES de Quiroga, foi requirido ficticiamente para colaborar coa organización do Quimedo do 2023 (Samaín de Quiroga). A tarefa consistiu en crear 2 minutos de son para ambientar un percorrido ou localización da celebración do evento. A organización deixoulles liberdade para elixir ese percorrido ou localización pero os sons deberían de contextualizar ao ouvinte e ao mesmo tempo criarlle sorpresa, pánico ou terror.
Aínda que se realizaron máis traballos, estes foron os únicos que cumpriron os requisitos.
Un día no Paleolítico.
O alumnado de 1º da ESO de Xeografía e Historia narraron como pasarían eles un día no Paleolítico.
Día Internacional do Síndrome de Down.
Con motivo da chegada do 21 de marzo, Día Internacional do Síndrome de Down, contamos na Radio do IES de Quiroga “Onda Brava” con Ledicia, unha alumna de 2º da ESO que ten Síndrome de Down e con Jose, mestre de pedagoxía terapéutica en Down Ourense. Nesta conversa, Naiara e Carmen pregúntanlles en que consiste exactamente este síndrome, como é traballar con estas persoas ou cales son os principais mitos.
Ledicia cóntanos que ademais de ir cada mañá a estudar como os demais compañeiros e compañeiras, acude os luns a Ioga, os xoves a Aula 10 en Monforte de Lemos e os venres a Down Ourense!
Queredes saber máis? Escoitade a entrevista completa!
Organiza: Biblioquiroga e Club de lectura.
Entrevista: Naiara e Carmen de 2º da ESO
Obradoiro de gravación e mestura.
O 3 e 4 de abril, dentro do programa Radio na Biblio, Pedro Iglesias impartiu un obradoiro de gravación e mestura para radio e podcast ó alumnado de 1º da ESO do IES de Quiroga. O alumnado iniciouse e tomou contacto con técnicas para mellorar a lectura, dicción e finalmente gravaron e editaron un pequeno podcast utilizando o coñecido software Audacity.
Xornadas teórico-prácticas de descrición visual normailzada de olivos.
José Espinosa, biólogo, investigador e profesor do IES de Quiroga infórmanos sobre estas xornadas que se desenvolven entre o 19 e o 26 de abril no noso instituto.
Entrevista a Noelia Pastor Peño, psicóloga e co-creadora de Euforte y Neurocoach.
Os alumnos Nadira Robledo e Erik Méndez de 1º de Bach, entrevistan a Noelia Pastor Peño, psicóloga e co-creadora de Euforte e Neurocoach.
Unha actividade organizada polo equipo da biblioteca.
Serie de Podcast de Proxecto Competencial de 3º da ESO.
O alumnado de proxecto competencial co profe de Educación Física, Rafa levaron a cabo unha serie de podcast de diversa temática como parte da súa materia. Deste xeito os alumnos de terceiro realizaron, individualmente, podcast de diversa temática que van desde a música ata diversos deportes.
Serie de Podcast de Proxecto Competencial de 4º da ESO.
As alumnas de cuarto de proxecto competencial co profe de Educación Física, Rafa escolleron como eixo temático a arte urbana en Quiroga, elixindo un dos murais que locen na vila. De cada obra realizaron podcast en galego, castelán e inglés.
Entrevista a escritora Berta Dávila
As alumnas Araceli e Aitana de 4º da ESO entrevistan á escritora Berta Dávila.
Proxecto Competencial 2º da ESO. Mulleres na música.
Uxia, Mario, Paula, Isabella, Marcos, Xana, Aiman, Leo e Hugo de 2º da ESO fixeron estos podcast sobre mulleres músicas de diferentes estilos e procedencias.
Gravación e mestura de "The Drunken Sailor" 4º da ESO música.
Proxecto de gravación, edición e mestura de unha canción realizada polo alumnado de música de 4 da ESO. Nesta produción o alumnado interpretou e gravou os ukeleles, voces e xilófonos, despois co programa de edición musical Bandlab realizaron a mestura con caixas de ritmos e outros instrumentos MIDI.