Dentro do programa Radio Na Biblio, organizouse un obradoiro sobre a radio como medio de comunicación e expresión para 3º A e 3º B da ESO. Fixéronse exercicios prácticos para fomentar a boa dicción e a creatividade co fin de desenvolver un texto dramático na radio (dinámicas grupais, xogos dramáticos, técnicas para traballar a voz). Crearon unha ficción sonora e traballaron para descubrir o xeito máis adecuado de expresar as súas ideas.
Actividade organizada polo Club de Lectura onde as alumnas Naiara e Paula de 3º da ESO fan unha entrevista á autora do libro " Poder non é querer".
Aproveitando os ensaios do Festival das Letras Galegas, fixemos unha serie de gravacións na propia aula de música coa nova equipa de gravación portable. O son non é o máis óptimo pois aínda estamos aprendendo a manexar os micros de condensador. As cantigas gravadas son "O Galo" e "Na Beira do Mar"
Con motivo da exposición de "Música en galego" promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, fixemos unha serie de podcast co alumnado de 4º da ESO sobre os diferentes estilos de música en galego.
O alumnado de 1º da ESO fixo unha serie de relatos curtos para describir a vida no Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.