Vas realizar sete fotografías nas que aparezan unha ou varias persoas, atendendo ao seguinte guión :
Organizados en parellas, cada alumna/o tomará fotos da/o compañeira/o.
Individualmente, realizarás nove fotografías sen persoas, coas seguintes características:
NOTA: As fotografías poden realizarse indistintamente en branco e negro ou cor (excepto a 7 e a 8 do segundo grupo). Isto déixoo á túa elección persoal.
Coas fotografías anteriores e no mesmo orde do guion, vas realizar unha Presentación en Google Drive ou Impress, que logo subirás á Aula Virtual, na Entrega da Tarefa. A portada incluirá o teu nome e apelidos, nome da asignatura (EPVA), curso, e o título que ti queiras poñerlle.
Cada diapositiva terá un título: "Primeiro plano", "Liñas curvas", etc.
Crea un Documento de Texto chamado "Diario fotográfico de ______" (e o teu nome).
Visita á galería de grandes fotógrafos/as que se propón como recurso na páxina «Axuda e mais info». Estuda TRES fotografías, cada unha dun fotógrafo diferente. No teu Diario fotográfico, engade unha páxina que se chame «Un gran fotógrafo» (ou fotógrafa). Cita os nomes, lugar de nacemento, e anos entre os que viviron os tres fotógrafos ou fotógrafas que estudiaches, e termina o documento razoando a elección da fotografía que máis che gustou das estudadas. Inclúe a foto no teu Diario, e fai un comentario sobre a foto escollida: que se ve nela, e por que a escolliches.
Fala no Diario das fotos que presentaches, e da túa valoración desta tarefa, nos seguintes apartados: