Olly Coffey, Photographer
Iniciaremos a actividade investigando sobre encadramento, angulacións e composición.
En primeiro lugar, investigaremos sobre encadramentos e angulacións. Consulta os contidos das ligazóns seguintes:
Aínda que a web ligada vai sobre cinema, e a nosa tarefa vai sobre fotografía, sírvenos igual, xa que os tipos de planos que se usan no cinema son os mesmos que en fotografía. Tamén debes consultar os recursos adicionais que se proporcionan en "Axuda e máis info".
Chámase composición á forma de colocar os diferentes elementos nunha imaxe. Para facer boas fotos, cómpre ter algúns coñecementos básicos sobre composición. Podes consultar este vídeo, con obras do recoñecido fotógrafo Steve McCurry.
E estoutro vídeo que explica os diferentes tipos de planos fotográficos.