Este proxecto está deseñado para ser empregado na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, 1º ciclo da ESO, 3º curso.
B2.9. Fotografía. A fotografía como medio de comunicación.
B2.6. Analizar e realizar fotografías comprendendo e aplicando os fundamentos desta.
EPVAB2.6.1. Identifica encadramentos e puntos de vista nunha fotografía.
EPVAB2.6.2. Realiza fotografías con distintos encadramentos e puntos de vista, aplicando diferentes leis compositivas.
Tempo previsto total: 4 ou 5 sesións presenciais e un par de días de traballo fóra da aula
Por cuestións de protección e privacidade dos menores, previamente ao inicio da actividade é aconsellable informar ás familias do tipo de traballo que se vai facer e o uso exclusivamente académico e privado que van ter as fotografías realizadas. É boa idea facilitarlles a ligazón a este sitio web, para que vexan o alcance e contidos previstos no proxecto.