Taymtaym, OKIMG_2125 (2014).
Como traballan as fotógrafas e os fotógrafos profesionais? Teñen unha forma especial de ollar, de mirar as cousas?
Imos facer unha serie de actividades para coñecer algunhas técnicas e trucos que se empregan en fotografía e que permiten facer fotos fermosas.
O teu traballo consistirá, primeiro, en investigar. Logo, terás que facer fotografías e elaborar un dossier con elas, atendendo a determinados parámetros técnicos e estéticos. Non é preciso ter cámara de fotos, podes utilizar o teu móbil, se ten a suficiente calidade para facer fotografías aceptables.