ACTIVIDADES E RECURSOS

que será será?

Para que os nenos e nenas se vaian familairizando cos oficios de xastreiría e palillería, deixaráselles total liberdade para que collan, observen e cuestionen todo aquilo referido aos instrumentos ofertados. Así mesmo, iranse facendo pouco a pouco cos recursos que empregarán nas seguintes actividades. Con isto tamén se pretende incentivar o seu interese, favorecendo as súas ganas por aprender e saber do tema.

O LÍO

As persoas participantes colocaranse polo espazo de maneira aleatoria. A continuación, cando se lles indique, deberán estar quietos e quietas, mentres tanto, un compañeiro ou compañeira actuará como xastre. Este neno ou nena contará cun ovillo que irá rodeando ao resto, xerando así unha gran rede. Os roles iranse cambiando, como é o caso do xastre, para que non so lle toque a un.

COSENDO CARTÓN

Para o desenvolvemento desta actividade, presentaráselle aos pequenos e pequenas (de forma individual) unha serie de cartóns con forma circular e varios cortes en cada un deles. Aproveitando estas ranuras, os distintos fíos de cores e os cordeis que terán a súa disposición, realizarán as súas propias "costuras". Así mesmo, poderán facelo da maneira que más lles guste, e posteriormente, levar as súas creacións para as súas respectivas casas.


PARA QUE SERVE?

Presentaráselle aos rapaces e rapazas unha serie de obxectos e materiais característicos destes dous oficios. A raíz disto, preguntaráselles cal pensan que é a súa función. Así, a través da mímica, deberán expresar para que creen que se empregan cada un dos instrumentos.