Xastreiría e palilleiría

As persoas dedicadas á xastreiría son os xastres, os encargados de deseñar, confeccionar e vender por encarga prendas a medida cosidas a man. Ademais, fan arranxos á roupa, como por exemplo, traxes e abrigos. A vestimenta de cabaleiro constitúe a maior parte do sector, aínda que tamén existe a demanda, pero en menor medida, de prendas para muller.

A palilleiría practícase en toda Galicia, pero onde máis predomina é no concello de Camariñas. Este oficio consiste na elaboración de puntillas empregando materiais básicos como unha almofada e uns palillos de madeira que se encargan de guiar o fío, que teñen como resultado os encaixes . En base ao mencionado, cabe destacar que soen ser as mulleres as que se dedican a isto.


Fotos da sesión na ARC Os Tilos

Fotos da sesión preparatoria na facultade