actividades e recursos

A vendima

Para esta actividade reproduciremos o proceso da vendima e da producción de viño.

En primeiro lugar, realizaremos a labor de recollida das uvas. Para iso, a mestra colgará tantos “acios de uva”, como crianzas haxa, nun pau en horizontal. Este o deberá ir subindo e baixando, para que así os nenos/as teñan que estirarse e saltar para collelos. Nós recomendamos, para non manchar nin desperdiciar comida, crear os acios de uvas con bolas pequenas de algodón pegadas sobre cinta americana.

A continuación, recrearemos a labor de separación das uvas e de elaboración de viño. Para iso, cada neno/a colocarase nun aro que representera un bidón e collera unha a unha as uvas do acio (as boliñas de algodón) e as tirará dentro do aro. Cando todas as uvas estean no aro comezaremos a pisalas e saltar sobre elas de diversas formas: Cos pés xuntos, cos pés separados, á pata coxa...