Esta actividade baséase no popular xogo das cadeiras que coñecemenos todos/as. Ao ritmo de muiñeira, as crianzas deberán de bailar arredor destas cadeiras e cando se deteña a música, deberán de sentarse nunha delas. O neno/a que quede sen sentarse non será eliminado da actividade, senón que deberá de dirixir a foliada, macando un pase ou movemento ao resto do grupo que deberá imitar.
De forma individual, ensinaremos como se fai a masa do pan. Mesturamos auga con fariña e moldearemos coas mans até crear pequenas bolas de masa que poderemos cociñar.
Para engadirlle un nivel de dificultade, podemos moldear ao ritmo da música de muiñeira.
As crianzas, por parellas, deberán de decidir quen é o panadeiro/a e o pan. Unha vez tomada a elección, o panadeiro/a deberá de imaxinar que a súa compañeira/o é a masa do pan que ten que amasar. Tumbadas/os comezazrán a masaxearse as súas costas e ombreiros como se de pan se trataase