actividades e recursos


Escoitamos a terra

Tras comentar as labores das labregas/os, démonos conta da importancia que ten escoitar a terra e ter en conta o vento, a choiva, a temperatura... Á hora de cultivar. Có paso dos anos grazas a experiencia, os labregos/as saben escoitar as necesidades da terra como se fose música.

Para poñer en práctica o oído do alumnado, propuxemos un xogo coa canción “A horta de Balbina” de María Fumaça. Para o xogo modificamos o ritmo da canción en certas partes, as veces o aceleramos e outras o retardaremos. O alumnado, ten que moverse conforme ao ritmo da canción e adaptar o seu movemento a cada parte (rápido, lento ou normal). A maiores, as veces a canción tamén vai parar, polo que os nenos/as tamén deberan parar e quedarse quietos pero non coma estatuas, senón coma algún dos elementos da nosa horta como verduras, plantas ou algún animaliño como os paxaros, caracois etc.



CULTIVAMOS A NOSA PLANTA

Nesta actividade cada neno/a plantará a súa propia planta. Para iso o mestre/a deberá repartir un cubilete a cada neno/a. Despois irá pasando un recipiente con terra e outro con sementes. Deste xeito, os nenos/as deberán coller un anaco de terra que cubra case todo o cubilete e un pequeno puñado de sementes. Por último, a mestra/o botaralle un pouco de auga. E a planta xa estará lista para levar a casa.