actividades

De la cabeza a los pies (Eric Carle, 1997)


En gran grupo, trátase dun xogo de lectura-acción que xira arredor do álbum ilustrado De la cabeza a los pies de Eric Carle (1997). A medida que avanza a lectura, deberemos ir dramatizando o que se nos conta e realizar as diferentes accións corporais que se indican neste.

cartas e barro

Nesta actividade convertirémonos en alfareiras. Para iso, ensinaremos unha carta cunha figura corporal determinada e as crianzas deberán representala nun boneco de barro que farán elas mesmas. Posteriormente e con rapidez, terán que erguerse e realizar esa postura co seu propio corpo.

Pilla-pilla conxelado-moldeador

Este xogo consiste nun pilla-pilla clásico, coa diferenza de que cando unha persoa apaña a outra, esta última debe ficar inmóbil cos brazos estirados e as pernas abertas ata que outro participante a salve. Para facer isto, este deberá “moldear o corpo” da persoa conxelada en dúas versións:

  • Ser oleiro/a: moldear o corpo da conexelada como se fose barro, movéndolle os brazos.

  • Ser canteira/o: moldear o corpo da conxelada como se fose pedra, imitando a acción que fan os canteiros cando pican por enriba da cabeza da compañeira.