Virxinia anda medio perdida. As súas dores físicas e mais as cicatrices emocionais tráena sen azos, buscando respostas para as grandes preguntas ás que se quere enfrontar como adulta. A visita da pantasma da súa avoa, vitalista, descarada, feliz por recuperar o vizo da mocidade, axudaraa a comprender que é o realmente valioso e auténtico.
Ana Moreiras amosa nesta novela gráfica os seus dotes para a narrativa. Unha historia chea de humor e reflexión sobre o noso tempo, sobre o noso país.
Publicada en Aira Editorial
Quen foron as mulleres galegas que cosían a roupa que conquistou o mundo?
Que soños gardaron os emigrantes que deixaron a aldea na procura de prosperidade?
Unha novela gráfica sobre as voces baixas da nosa historia recente
Publicada en Aira Editorial
Un diario gráfico para facer unha reflexión sobre o sistema educativo actual.
Publicado en Amazon
Conxunto de láminas elaboradas para unha serie ilustrada sobre arqueoloxía da Deputación de Pontevedra.