NO SIN FOTÓGRAFAS

Inspirados na plataforma No_Sin_Mujeres do contexto académico, creamos esta páxina para promover a campaña #NoSinFotografas, coa que queremos aumentar o número de mulleres en espazos de debate e coñecemento, que tan a miúdo son reflexo das estruturas de poder.

As persoas desta lista, como primeiro paso, comprometémonos publicamente a non participar como ponente en ningún evento fotográfico (debates, mesas redondas, xurados de concursos e calquera outro evento relacionado coa fotografía no que participemos como convidados ou organizadores) de máis de dous ponentes onde non haxa polo menos unha muller en calidade de experta. Así mesmo, instamos a que, como mínimo, o 40% sexan mulleres, tal e como recomenda a LEI ORGÁNICA 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Somos conscientes do simbólico desta iniciativa, de que cada caso terá os seus condicionantes particulares e de que existen outras problemáticas no sector, relativas aos eixos de clase, xénero e raza.

Tamén queremos recońecer o traballo doutras entidades, como MAV (Mujeres en las Artes Visuales), no seu compromiso pola igualdade de homes e mulleres.

Se queres sumarche á lista, enche este formulario, engadirémosche canto antes. Tamén temos un mail de contacto: nosinfotografas@gmail.com

Twitter - Facebook - Instagram

Firmas NOSINFOTOGRAFAS
APOYOS