1) Que é “No Sin Fotógrafas”?
2) Quen se pode adherir á listaxe de #NoSinFotografas?
3) Quen pode participar en #NoSinFotografas?
4) Solicitei a adhesión e non podo darme de alta ou non aparece o meu nome.
5) Ata onde se estende o compromiso dos asinantes?
6) Hai un evento que non cumpre co mínimo, que fago?
7) Por que só os homes poden asinar o manifesto e as mulleres apoialo?
8) Está previsto adquirir compromisos máis ambiciosos e igualitarios?
9) Que ocorre se un asinante incumpre o compromiso ou se lle acusa dunha agresión machista?
1) Que é Non Sen Fotógrafas?
Inspirada na plataforma No_Sin_Mujeres do contexto académico, #NoSinFotografas é unha iniciativa de persoas do ámbito da fotografía que asumen individualmente o compromiso público de non participar como relator en ningún evento fotográfico (debates, mesas redondas, xurados de concursos e calquera outro evento relacionado coa fotografía no que participen como convidados ou organizadores) de máis de dous relatores onde non haxa polo menos unha muller en calidade de experta. Así mesmo, instan a que, como mínimo, o 40% sexan mulleres, tal e como recomenda a Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. #NoSinFotografas non é un manifesto de denuncia; é un compromiso público de homes en favor da presenza feminina no ámbito da fotografía.
2) Quen se pode adherir á listaxe de #NoSinFotografas?
Están convidados a adherirse os homes do ámbito da fotografía (fotógrafos, axentes culturais, editores, comisarios ou afíns); os seus nomes figuran na lista “Asinantes”. As mulleres do ámbito da fotografía que quixeron expresar o seu apoio á iniciativa, así como as institucións e colectivos, figuran na lista “Apoios”.
3) Quen pode participar en #NoSinFotografas?
En #NoSinFotografas participamos mulleres e homes. A organización, tarefas e elaboración de documentos é mixta.
Polo tanto, convídase a toda persoa comprometida coa iniciativa para participar no noso grupo de Facebook. Simplemente tes que apoiar ou asinar a iniciativa e convidarémosche a entrar no grupo. Recomendámosche que, ao principio, leas os debates e preguntes todas as dúbidas que teñas sen medo.
4) Solicitei a adhesión e non podo darme de alta ou non aparece o meu nome.
O proceso de incorporación á lista é manual para evitar casos de abuso ou spam. Rogámosche que teñas un pouco de paciencia. Se tes calquera dúbida ou problema durante o proceso de adhesión, envíanos un correo a nosinfotografas@gmail.com.
5) Ata onde se estende o compromiso dos asinantes?
Trátase dun compromiso individual no que os asinantes se comprometen a cumprir cuns mínimos. Polo tanto, algúns asinantes poñerán o listón máis alto que outros, pero sempre a partir dun consenso de mínimos.
O compromiso non obriga a facer pública a decisión tomada, só cumprir con:
● Como mínimo unha muller experta, cando haxa máis de 2 participantes.
● Instar os organizadores a un mínimo de 40% de mulleres, cando non as haxa.
6) Hai un evento que non cumpre co mínimo, que fago?
Se coñecedes calquera evento que non cumpra cos mínimos aquí descritos, independentemente de se formades parte do devandito evento, agradecerémosvos que nos fagades chegar esta información.
7) Por que só os homes poden asinar o manifesto e as mulleres apoialo?
#NoSinFotógrafas é un compromiso público de homes en favor da presenza feminina no ámbito da fotografía. Enténdese este compromiso como un xesto simbólico para desprenderse duns privilexios evidentes que ten o home neste sistema patriarcal, tanto no sector da fotografía como no resto de estratos sociais, políticos, culturais, laborais e económicos. Polo tanto, entendemos que carece de sentido que as mulleres asinen este compromiso para renunciar a un privilexio do que carecen.
Nun futuro, tras avaliar os resultados da iniciativa e a ampliación das demandas de mínimos, volverase a valorar a diferenciación destas listas. Mentres tanto, mantéñense as dous listas pero non con ánimo de diferenciar ou xerar unha disxuntiva por xéneros, senón pola explicación descrita anteriormente.
8) Está previsto adquirir compromisos máis ambiciosos e igualitarios?
Tras chegar a un consenso de mínimos (contar con polo menos unha muller experta e instar ao 40% de representación feminina), tomouse a decisión de revisar os consensos a medio prazo para avanzar cara a unha representación xusta e igualitaria entre homes e mulleres no ámbito da fotografía. Este prazo non ten unha data concreta pero realizarase cando haxa unha consolidación e preparación suficiente para abordar o segundo paso na elaboración dunha segunda batería de consensos.
9) Que ocorre se un asinante incumpre o compromiso ou se lle acusa dunha agresión machista?
No caso de que se incumpra o compromiso pactado, abrirase unha comunicación privada co asinante para coñecer os motivos do incumprimento e as posibles alegacións. Se, tras este diálogo, #NoSinFotografas considera que se incumpriu o compromiso, tacharase ao asinante da lista. Así mesmo, #NoSinFotografas valorará se debe facer público ou non o incumprimento do compromiso.
No caso de que un asinante sexa sinalado como agresor machista, tacharase o seu nome da lista mentres se resolve a situación, que será valorada individualmente.
Se queres comunicarnos algunha situación desta índole, escríbenos a nosinfotografas@gmail.com con toda a información posible.
Somos conscientes de que nos faltan moitas cuestións por resolver. Se tes calquera dúbida ou suxestión, animámosche a que nos escribas a nosinfotografas@gmail.com