Nova Luz con Ideas Antigas
Trátase dunha conferencia colectiva internacional na que alumnos de escolas UNESCO de diferentes países presentarán ao mundo unha secuencia visual para entender a teoría da relatividade e as súas implicacións para a luz.
Anuncio da conferencia internacional no sitio galego adicado ao Ano Internacional da Luz 2015.
En novembro de 2014 o alumnado galego participante nesta conferencia internacional fixo unha presentación dos contidos científicos da mesma ante o profesorado participante no XXVII Congreso dos Ensinantes das Ciencias de Galicia (ENCIGA).
O contido desta presentación en video, xunto con moita información adicional en galego: AQUÍ.
Podes ver AQUÍ unha serie de 11 videos con animacións para entender a teoría da relatividade sen fórmulas matemáticas!
A noticia da actividade foi recollida na web da ciencia en galego: GCIENCIA