INFORME DO TRABALLO
Logo de ter rematado todo este proceso e finalizar o proxecto audiovisual podemos destacar varios aspectos.
En primeiro lugar podemos dicir que a organización foi moi boa, pois aproveitamos os ocos libres durante a semana para ir facendo pouco a pouco as diferentes tarefas ou fases do mesmo sen apuros. Con isto, non precisamos empregar momentos de descanso nin de estudo para a súa realización. Estábamos preocupadas ao comezo porque pensábamos que ía ser complexa a súa realización, sobre todo a post-produción do vídeo.
Seguindo os acordos establecidos previamente ao inicio do proxecto, decidimos realizar todas as tarefas conxuntamente as 4 membros do grupo. Deste xeito a produción e edición do vídeo foi conxunta para que non fose tan laborioso e brindarnos axuda mutuamente. Isto foi acordado debido a que consideramos que todo o proceso da montaxe dos vídeos individuais, tería mellor resultado ao realizalo en conxunto e non editar e gravalos por separado. Desta forma conseguimos un vídeo uniforme tal e como nolo propuxemos e non de carácter irregular por mor a factores como a calidade dos dispositivos, a iluminación, o son, o plano, etc.
Tamén podemos destacar que a aplicación que empregamos para a edición deste, neste caso Capcut, foinos de gran utilidade porque ten un formato sinxelo e de fácil manexo para alguén que se está iniciando na realización de vídeos deste carácter.
Para rematar, e concluír, as catro integrantes estamos de acordo en que esta experiencia nos vai servir no futuro, xa que pode ser que nalgunha situación debamos crear este tipo de ferramentas, e saber usalas correctamente, para empregar na escola, coas crianzas, coas familias e con outros compañeiros/as.