Os nosos acordos de grupo son:
Expresar as nosas opinións con respecto.
Manter unha comunicación activa e diaria.
Realizar todas as tarefas de maneira conxunta.
Establecer horarios de reunións axeitados para todas as membros.
Organizar as tarefas a realizar previamente para evitar solapamentos ou outros inconvenientes.
Xustificar as faltas de asistencia ás reunións establecidas.
Colaborar na medida do posible por outras vías, por exemplo de maneira telemática, no caso de non poder asistir ás reunións establecidas ou á clase.
No caso de que teñamos algunha discrepancia, resolverémola mediante o diálogo e sempre dende a empatía e o respecto.
Manter sempre unha actitude constante e dedicada.