TRANSCRIPCIÓN
MARGARITA (interpretada por ANTÍA)
Ola son Margarita e hoxe voulles facer unhas preguntas a estas futuras profesionais da educación sobre a presenza das pizarras dixitais na aula. ¿Que unha pizarra dixital?.
VIRGINIA
Unha pizarra dixital é un dispositivo tecnolóxico que integra un ordenador, conectado á rede de Internet, e un proxector co que se presenta sobre unha pantalla os contidos a visualizar, os cales son accesibles dende o ordenador. Hoxe en día existe unha variedade moi ampla de pizarras dixitais, pois a medida que avanza o tempo estas vanse modernizando incluíndo melloras e novidades.
Inicialmente, arredor do ano 1400, empregábanse “tablillas” individuais nas escolas para escribir e anotar información que daba o mestre ou mestra. Este material foi empregado ata que en 1840, James Pillans crea a pizarra verde de xiz logo de ter a idea de colgar unha das pizarrillas dun dos seus alumnos na parede para unha mellor visión de todos e todas.
Posteriormente, en 1963, xorden as pizarras brancas de rotuladores grazas a Martin Heit, pero estas non comezan a ter éxito ata unha vintena de anos despois tras darse de conta de que o po do xiz era perxudicial.
Non foi ata 1986 que se elaborou por primeira vez unha idea sobre unha pizarra interactiva, pero era só iso: unha idea. Esta fíxose realidade cinco anos despois grazas a Johnny Lee Chung, quen desenvolveu o software necesario para poder levar a cabo axeitadamente este proxecto.
Logo desta creación foron xurdindo, ata o día de hoxe, diversos modelos de pizarras dixitais, cada vez máis modernizadas e concordantes coas novas tecnoloxías.
MARGARITA (interpretada por ANTÍA)
Ehh...como son estas pizarras?
VIRGINIA
Algunhas das características principais das pizarras dixitais son as seguintes:
Dispoñen dun proxector que permite o envío de contidos do ordenador.
Dispoñen dun software específico.
Contan cunha superficie activa onde se adoita proxectar na súa totalidade a imaxe e onde se pode traballar.
Dispoñen dun punteiro con conexión inalámbrica para que sexa máis sinxelo o proceso de escribir na propia pantalla.
Permiten a varias persoas traballar simultaneamente.
MARGARITA (interpretada por ANTÍA)
Pero...iso ten cousas malas non?
ANTÍA
Pois coma todo ten as súas vantaxes e desvantaxes.
Por unha banda temos as vantaxes:
Aumento da eficiencia e eficacia no proceso da ensinanza.
As clases son máis vistosas e atractivas, para os docentes e para o alumnado.
O seu uso favorece o proceso de interacción na clase.
É un recurso que se pode empregar en todas as áreas do currículo.
É unha tecnoloxía atractiva e de fácil manexo, o que fai que aumente a motivación.
Permítennos a acceder a gráficos, diagramas e plantillas.
Acercan as TIC ao alumnado con diversidade funcional aumentando o tamaño dos textos ou engadindo subtítulos aos vídeos.
Son moi resistentes aos golpes.
E por outra banda temos as desvantaxes:
Requírese dunha infraestrutura axeitada.
Debe haber un espazo habilitado ou un soporte portátil.
O profesorado debe recibir unha formación didáctica e tecnolóxica.
É un recurso caro, porque ten moitos compoñentes.
No caso de exercer un mal uso pode poñer en perigo a identidade das crianzas.
MARGARITA (interpretada por ANTÍA)
Non entendo para que se usa?
UXÍA
Os posibles usos das pizarras dixitais nas aulas son os seguintes:
Estimular a atención dos alumnos con clases máis dinámicas.
Aumentar a participación.
Moitas destas pantallas son multitáctiles, polo que varias crianzas poden interactuar ao mesmo tempo, ou realizar actividades por equipos.
Permítenos escoitar audios ou visualizar vídeos.
Tamén nos permite xogar, como por exemplo o Kahoot.
Deseñar actividades de aprendizaxe activo.
Visualizar toda a clase de contido online.
Practicar a escritura.
Ampliar coñecementos.
Realizar exercicios de motricidade.
Crear material docente propio.
Reportar a actividade dos alumnos aos pais e titores.
MARGARITA (interpretada por ANTÍA)
Hmmm...non me convence!
UXÍA
Posibles exemplos dos usos das pizarras dixitais en infantil:
A primeira aplicación que vou a presentar é PequeTIC, a cal é unha ferramenta para as crianzas de entre 3 e 5 anos, cuxo obxectivo é ser o punto de partida para empregar ordenadores, tabletas e pizarras dixitais.
A seguinte ferramenta é a Aplicación de pizarra para niños. É unha app entretida, que ofrece un lenzo de debuxos onde poida plasmar a súa imaxinación, ademais de estimular a estritura a través de plantillas, onde poden empregar as súas propias mans. É sinxela de manexar, ofrece fins educativos e interactivos para un bo entendemento das artes plásticas xa que mostra unha amplia gama de cores.
MARGARITA (interpretada por ANTÍA)
E para os nenos e nenas con algunha necesidade?
MARTA
Imos falar sobre as con NEE ou NEAE:
Centrándonos na influencia das pizarras nas crianzas con algún tipo de necesidades puidemos experimentar unha mellora substancial no sector da educación. Os alumnos con NEE / NEAE coa incorporación das pizarras dixitais progresan moito máis rápido e a súa motivación é moito maior.
Agora explicareivos algunha das vantaxes que as pizarras dixitais aportan aos alumnos con este tipo de necesidades, entre elas podemos destacar:
Son complementarias, pois a mensaxe que o alumno recibe vai a ser duplicada, pois contará, por unha banda coa explicación oral e pola outra como reforzo podendo vela na pizarra.
Segunda: Permítelles tomar apuntes ao mesmo ritmo que os demais compañeiros, xa que estas crianzas poden ter dificultades para desenvolver a escritura.
Terceira: Fomentan a participación co resto de compañeiros e compañeiras realizando actividades interactivas.
Cuarta: Permítenlles realizar probas adaptadas segundo as súas necesidades, seguindo as indicacións curriculares, permitindo que os nenos/as poidan realizalo a través das pizarras levando o mesmo ritmo que os demais compañeiros ou compañeiras.
Dan a oportunidade para poder empregar recursos multimedia como por exemplo, vídeos, imaxes e audios.
MARTA
Para finalizar e concluír esta explicación sobre as pizarras dixitais, podemos dicir que foi un recurso que temos presente nas nosas escolas dende non hai moito tempo, pois apareceron as primeiras ideas sobre as pizarras dixitais a finais do século XX e ata o 2008 non se introducen nas aulas.
Afortunadamente hoxe en día xa están introducidas totalmente descubríronse moitas funcións para elas o que nos permite o seu uso para diversas actividades, tanto nas primeiras idades como na primaria, secundaria e estudos superiores. Ademais trouxo algo fundamental para a educación xa que nos permite adaptar as clases, temarios, actividades, probas, etc.
MARGARITA (interpretada por Antía)
Cantas cousas aprendemos hoxe...moitas grazas, Mestras InternáuTICas!
Música de fondo: "Música Alegre Para Videos | Música de Fondo Feliz | Música Instrumental. https://youtu.be/rEXzfdqYTRA