Escollemos o nome para o noso grupo e deseñamos entre todas o logotipo, en base ao tema do proxecto e a nosa relación coas TIC. Este representa unha nena escribindo nunha pizarra dixital e ten arredor o nome do noso grupo (“Mestras Internáuticas”). As cores empregadas son o branco, o negro e o amarelo. Quixemos que fose un logotipo claro e sinxelo que representase ben as nosas intencións de uso das novas tecnoloxías na aula como futuras docentes.