A VIAXE
Os aeroportos máis cercanos son:
Aeroporto de Vigo
Aeroporto de Santiago de Compostela
Aeroporto de Oporto
Hoxe en día a meirande parte dos vós poden mercarse de forma segura a través de internet. Recomendamos sempre mercar o vó na páxina web oficial da compañía aérea, aínda que é interesante consultar webs que comparan precios e horarios.
O ALOXAMENTO
Ás veces é complicado atopar aloxamento nunha cidade do extranxeiro para dous meses e medio. Aquí podemos recomendarte algunhas webs para búsqueda de aloxamento:
O IDIOMA
Ademáis, hai moitas ferramentas que recomendamos para practicar o idioma antes de chegar ao país de destino:
O TELÉFONO MOVIL
CONTACTA SEMPRE COA TÚA COMPAÑÍA TELÉFONICA E CONSULTA O TEU CASO CONCRETO
Máis ou menos pasa o mesmo coa itinerancia de datos en Europa. A navegación por Internet na Unión Europea non terá un custo adicional na maioría dos casos, pero a UE estableceu un límite incluído na política de consumo razoable en función do tipo de datos contratados.
Explicámolo mellor. Se a túa taxa de datos está limitada a xigabytes, a Unión Europea considérache un usuario con baixo ou medio consumo de internet, pero se tes tarifas de datos ilimitadas, comprende que es un consumidor de datos elevado. Nese caso, a súa compañía podería aplicar unha cláusula para evitar que consome máis datos no estranxeiro que no seu país de orixe. Se vai máis alá dese consumo responsable terá que pagar a itinerancia de datos e, neses casos, o prezo é bastante alto.
FACER AMIGOS
Na meirande parte das cidades universitarias atoparás seccións das ESN: ERASMUS STUDENT NETWORK.
Son asociacións de estudiantes locais voluntarios que axudan aos estudantes Erasmus que chegan á cidade coas xestión de búsqueda de aloxamentos, papeleos, transporte... E tamén organizan quedadas, actividades culturais, visitas guiadas, excursións...
Ademáis ofrecen servizos de "BUDDYs" e organizan actividades de intercambio lingüistico en "TANDEM", entre outras.