INFORMACIÓN PARA PROFESORADO
QUE É O PROGRAMA ERASMUS+?
É un programa de mobilidades internacionais que consiste na adxudicación de Becas Erasmus+ para realizar o mobilidade para profesores nun país da Unión Europea.
QUEN PODE SOLICITALO?
Poden solicitar unha beca Erasmus+ todos os profesores funcionarios ou interinos con destino no CIFP Manuel Antonio durante o presente curso.
CANDO E COMO SE SOLICITA?
No mes de novembro de cada ano abrimos o prazo de inscripcións para solicitar a beca.
Para inscribirse os profesores deberán cubrir un formulario de inscrición que atoparás nesta web, e adxuntar a súa proposta de mobilidade. Realizaremos charlas informativas que serán anunciadas a través das pantallas dixitais do centro e no voso correo electrónico.
EN QUE CONSISTE O PROCESO DE SELECCIÓN DE PROFESORES ERASMUS?
Os profesores interesados deberán elaborar unha proposta da súas actividades a realizar durante a mobilidade Erasmus. Pode consistir na visita a un centro educativo, empresas do sector no que imparte docencia, asociacións, centros de investigación, etc. É o profesor interesado quen elabora a proposta.
A comisión de avaliación avaliará as propostas dos candidatos tendo en conta estes criterios:
AntiguIdade no centro
Competencia lingüística
Idoneidade da proposta e repercusión na comunidade educativa
Atendendo a ese criterios creamos unha lista e adxudicaremos as becas seguindo ese orden.
PODO REALIZAR A MIÑA MOBILIDADE ERASMUS CON OUTRO PROFESOR?
Sí, varios profesores poden coordinarse para realizar a súa mobilidade conxuntamente entregando unha mesma proposta de mobilidade, aínda que participarán no proceso de selección de xeito independente.
Tamén podes coordinarte para realizar a mobilidade con compañeiros doutros centros, pero cada profesor solicita a súa praza no seu centro.
ONDE PODO REALIZAR A ESTADÍA NO EXTRANXEIRO?
En calquer país da Unión Europea.
CANTO DURA A ESTADÍA NO ESTRANXEIRO?
5 días para profesores de ciclo superior e 7 días para profesores de ciclo medio.
CANDO SE REALIZA A ESTADÍA NO EXTRANXEIRO?
Preferiblemente no terceiro trimestre do curso escolar.
CANTO PERCIBEN DE BECA ERASMUS OS PROFESORES DE CICLO MEDIO?
Os profesores perciben o apoio individual para persoal + contribución por costes de viaxe; as contías están tabuladas en función do país de destino e da duración. Podes calcular a túa beca consultado o seguinte ENLACE.
Percibirás o 80% do total ao inicio do Erasmus e o 20% restante ao final da mobilidade.
CANTO PERCIBEN DE BECA OS PROFESORES DE CICLO SUPEROR?
Os profesores perciben o apoio individual para persoal + contribución por costes de viaxe; as contías están tabuladas en función do país de destino e da duración. Podes calcular a túa beca consultado o seguinte ENLACE.
Percibirás o 80% do total ao inicio do Erasmus e o 20% restante ao final da mobilidade.
Consulta o teu caso concreto no Dpto. de Programas Internacionais e asesorarésmote da mellor opción.
TEÑO DÚBIDAS SOBRE COMO ELABORAR A MIÑA PROPOSTA DE MOBILIDADE, NON SEI ONDE PODO FACER O ERASMUS...
Que iso non te desanime!!!! Consulta ao Dpto. de Programas Internacionais e asesorarémoste sobre posibles destinos, empresas, plan de traballo, contactos no extranxeiro...
CONVOCATORIA 2023 / 2024
Bases do proceso de selección de profesorado Erasmus+ 2022 / 2023
FORMULARIO DE INSCRICIÓN DE PROFESORADO ERASMUS+ (prazo aberto do 01/11/2023 - IMPORTANTE CAMBIO DE PLAZOS POR PLAZOS DE LA XUNTA 03/12/2023).
Plantilla proposta de mobilidade de profesorado (RELLENAR FORMULARIO en el apartado anterior)- La plantilla es por si queréis hacerlo antes para rellenar el formulario con esos datos.
Plantilla compromiso lingüístico (entregar só en caso de no poseer titulación en idiomas)
SOLICITUD BECA A CONSORCIO (OBLIGATORIO RELLENAR ANTES DEL 07/12/2023 para movilidades previas a mayo.)
Convocatoria consorcio (Resolución y anexo) Publicada el 10/11/2023
Listado de profesorado inscrito
Listado de puntuacións provisionais
Listado de puntuación definitivas CICLO MEDIO
Listado de puntuación definitivas CICLO SUPERIOR
Cómo reconocer las horas de formación
Se puede solicitar el reconocimiento de la participación en programas europeos como horas de formación del profesorado.
Podría solicitarlo tanto el profesorado que realizó movilidades como los tutores de alumnado que realizó movilidades Erasmus+.
Tenéis a continuación la legislación vigente y una plantilla para solicitarlo.