INFORMACIÓN PARA ALUMNADO
QUE É O PROGRAMA ERASMUS+?
É un programa de mobilidades internacionais que consiste na adxudicación de Becas Erasmus+ para realizar o módulo FCT (Formación en Centros de Traballo) nun país da Unión Europea.
QUEN PODE SOLICITALO?
Poden solicitar unha beca Erasmus+ todos os alumnos maiores de idade matriculados en 2º curso dun ciclo medio ou superior no CIFP Manuel Antonio, sempre que teñan acceso á FCT.
CANDO E COMO SE SOLICITA?
No mes de outubro de cada ano abrimos o prazo de inscripcións para solicitar a beca, cubrindo o formulario de inscrición que atoparás aquí abaixo. Realizaremos charlas informativas que serán anunciadas a través das pantallas dixitais do centro, e a través dos vosos titores.
É OBRIGATORIO TER UNHA TITULACIÓN EN LINGUA ESTRANXEIRA?
Non é obrigatorio, pero sí se valora positivamente no proceso de selección de dos becarios Erasmus+. Os beneficiarios terán acceso a un curso online na lingua estranxeira do seu país de destino antes de comezar a estadía.
EN QUE CONSISTE O PROCESO DE SELECCIÓN DE ALUMNOS ERASMUS?
Durante o primeiro trimestre de cada curso realizamos un proceso de selección entre todos os candidatos inscritos. Nel valoramos:
O expediente académico
O nivel de idiomas
Valoración persoal mediante entrevista e avaliación de actitude do equipo docente
Atendendo a ese criterios creamos unha lista e adxudicaremos as becas seguindo ese orden. No caso de non cubrirse todas as prazas na modalidade de FCT poderíase ofertar a opción de realizar a mobilidade como post-titulado aos candidatos en lista de espera.
ONDE PODO REALIZAR A ESTADÍA NO ESTRANXEIRO?
En calquer país da Unión Europea.
Lembra que obxectivo principal á hora de escoller destino é que realices a túa FCT nunha empresa adecuada aos teus estudos. Sé es un dos beneficiarios da Beca Erasmus+, o Dpto. de Programas Internacionais adxudicarache unha empresa dentro da Unión Europea coas que temos convenio para facer as túas prácticas, tendo en conta os teus intereses na medida do posible. Se esta empresa non é das túas preferencias, poderás buscala pola túa conta.
Non temos empresas para todos os ciclos en todos os países da UE. Os países cos que máis colaboramos outros anos foron: Portugal, Italia, Alemania e Francia.
CANTO DURA A ESTADÍA NO ESTRANXEIRO?
Ten a mesma duración que a FCT: 10 semanas para ciclo superior e 11 semanas para ciclo medio.
CANDO SE REALIZA A ESTADÍA NO ESTRANXEIRO?
Realízase no momento do curso escolar no que lle corresponde realizar a FCT a cada ciclo.
CANTO PERCIBEN DE BECA ERASMUS OS ALUMN@S DE CICLO MEDIO?
As contías das becas están tabuladas en función do país de destino e da duración. Percibirás o 80% do total ao inicio do Erasmus e o 20% restante ao final da mobilidade.
Neste ENLACE podes consultar as tarifas aplicables para cálculo de becas. A táboa de tarifas é a seguinte:
(PENDIENTE DE ACTUALIZAR CON LAS NUEVAS CONDICIONES)
CANTO PERCIBEN DE BECA OS ALUMN@S DE CICLO SUPERIOR?
O alumnado de ciclo superior que vai realizar a FCT de Erasmus na Unión Europea percibe a beca Erasmus e a Axuda da Xunta para realizar a FCT no estranxeiro:
Neste ENLACE podes consultar as tarifas aplicables para cálculo de becas Erasmus+. Percibirás o 80% do total ao principio da mobilidade e o 20% restante ao final da mesma. A táboa de tarifas é a seguinte:
Neste ENLACE podes consultar as tarifas aplicables para cálculo de axuda da Xunta para a realización de FCT na Unión Europea (artículo 7). As axudas da Xunta só son válidas para o alumnado de Ciclo Superior que van facer a FCT.
É normal que teñas esta dúbida.
A resposta é porque o programa Erasmus+ está clasificado en diferentes tipos de proxectos en función dos estudos dos participantes. Neste caso, os alumnos de Ciclo Medio son incluídos dentro dos Proxectos Erasmus+ de Formación Profesional y os alumnos de Ciclo Superior son incluídos dentro dos Proxectos Erasmus+ de Educación Superior (igual que os universitarios). Cada tipo de proxecto aplica unhas tarifas diferentes.
IMPORTANTE:
Se eres becario Erasmus de CICLO SUPERIOR, deberás ter en conta que a beca Erasmus non vai cubrir a totalidade dos teus gastos no estranxeiro. Coa axuda da Xunta para FCT poderás recuperar parte dos gastos, pero probablemente percibas este diñeiro á volta da túa mobilidade.
Debes lembrar que o Programa Erasmus para alumnos de Formación Profesional consiste na realización de prácticas nunha empresa. É dicir, REALIZAR XORNADAS DE TRABALLO DE 8 HORAS durante 48 xornadas laborais en Ciclo Superior e 53 xornadas laborais en Ciclo Medio, con cumplimento de horarios e funcións correspondentes. Por iso, esiximos a SERIEDADE, COMPROMISO, MADUREZ E RESPETO QUE CALQUER TRABALLO E EMPRESA MERECE.
O programa Erasmus require de persoas con capacidade para adaptarse a un novo lugar (clima, costumes, horarios...), capacidade para resolver os conflictos que poidan xurdir, estabilidade emocional e habilidades sociais para integrarse na cidade de destino e na empresa.
No caso de mobilidades a Portugal, considedarase destino Erasmus a partir de 100km da distancia dende a fronteira.
As persoas que non dispoñan destas capacidades e aptitudes deben recapacitar sobre a súa participación no programa antes de solicitalo.
CONVOCATORIA 2024 / 2025
Bases do proceso de selección de becarios Erasmus+ 2024/2025
PRE-INSCRICIÓN DE ALUMNADO ERASMUS + (DO 21/05/2024- 11/06/2024)
A inscrición se realizará na aula virtual de programas no moodle do centro.
O prazo é do 10/10/2024 ao 31/10/2024. Tenéis que automatricularos en el curso para que os aparezca el formulario.
CONVOCATORIA 2023 / 2024
Bases do proceso de selección de becarios Erasmus+ 2023 / 2024
INSCRICIÓN DE ALUMNADO ERASMUS + (DO 02/10/2023-31/10/2023)
Listado de alumnado inscrito provisional (publicado)- (no sigue ningún orden concreto). Plazo de reclamaciones: 08/11/23-15/11/23
Listado de alumnado inscrito definitivo (publicado o 17/11/2023 -->REVISADO O 01/12/2023). NO sigue ningún orden concreto.
HORARIO PROBA ORAL INGLÉS (non publicado) Levade o DNI.
Resultados probas de inglés (publicado o 05/12/2023).
Datas das probas de francés (PUBLICADO o 08/11/23)
Resultados probas de francés (publicado o 05/12/2023).
Datas das entrevistas persoais (publicado o 03/11/2023)
Listado de puntuacións provisionais CICLO MEDIO (publicado o 05/12/2023). Plazo de reclamaciones: ata o 10/12/23.
Listado de puntuacións provisionais CICLO SUPERIOR (publicado o 05/12/2023). Plazo de reclamaciones: ata o 10/12/23.
Listado de puntuacións provisionais CICLO SUPERIOR MODULAR (publicado o 05/12/2023). Plazo de reclamaciones: ata o 10/12/23.
Listado de puntuación definitivas CICLO MEDIO (Publicado o 11/12/23).
Listado de puntuación definitivas CICLO SUPERIOR (non publicado)
Listado de puntuación definitivas CICLO SUPERIOR MODULAR(Publicado o 11/12/23)