BLOG ERASMUS+ TEXTIL EN PORTUGAL
(Abril - Xuño 2022)
Proxecto 2019-1-ES01-KA102-063732 Next Station
Proxecto 2020-1-ES01-KA103-080140
Este trimestre dúas alumnas de Textil realizaron a FCT en dous Ateliers en Lisboa, a capital de Portugal. Andrea, alumna de CM de Confección e Moda realizou as prácticas nun Atelier situado no Barrio Alto; Patricia, alumna do CS de Patronaxe e Moda nun Atelier de noivas e festa. Aprenderon moito nos súas empresas e tamén melloraron a súa competencia lingüística en portugués
BLOG ERASMUS+ PORTUGAL
(Abril - Xuño 2022)
Proxecto 2019-1-ES01-KA102-063732 Next Station
Nohaila e Osian, alumnos de CM de Servizos á Restauración realizaron a FCT do ciclo nun hotel de Vilamoura, na rexión do Algarve en Portugal. Traballaron no Servizo de Catering en turnos rotativos durante 11 semanas.
Vilamoura é unha localidade na costa sur de Portugal con grandes complexos turísticos, un porto deportivo e grandes praias. Recibe turistas de Inglaterra e Alemaña polo que Osian e Nohaila puideron practicar o inglés e o portugués.
Proxecto 2020-1-ES01-KA103-080140
Un ano máis, dúas alumnas de Laboratorio Clínico e Biomédico, Marta e Virginia, realizaron a FCT no laboratorio de diagnóstico veterinario en Brescia, na rexión de Lombardía en Italia.
Realizaron todo tipo de técnicas hematolóxicas, bioquímicas, inmonóxicas e sobre todo microbiolóxicas con mostras de orixe animal.
Proxecto 2020-1-ES01-KA103-080140
Un ano máis, colaboramos co Hotel de Florencia, que admitiu a dous dos nosos alumnos de Turismo: Andrea, do CS de Dirección de Servizos e Gonzalo de CS Xestión de Aloxamentos Turísticos.
Andrea traballou no Departamento de Catering xunto co maitre e Gonzalo na recepción do hotel. Ademáis tiveron tempo de facer turismo por Pisa, Roma e outras cidades italianas.
Visita de profesores polacos de química no CIFP Manuel Antonio - Maio 2022
A finais do mes de maio recibimos no CIFP Manuel Antonio a un grupo de profesores de Química e Mecatrónica procedentes de:
Zespół Szkół Chemicznych situado na cidade de Włocławek con estudos técnicos de: Química Analítica, Hostelería, Turismo e Imaxe Persoal.
Zespół Szkół Powiatowych situado na cidade de Opoczno con estudos técnicos de Química Analítica, Técnico en Automoción, Turismo, Informática, Sastre, Electricista e moito máis...
Durante a xornada de traballo presentaron os seus centros, debatimos sobre as diferenzas entre os nosos sistemas educativos e realizaron unha visita ao Manuel Antonio, centrándose no Departamento de Química.
Job Shadowing no Istituto Tecnico Statale LUIGI STURZO en Castellammare di Stabia, Nápoles, Italia
Iván, profesor de FOL (16/5/2022 - 20/5/2022)
Proxecto 2019-1-ES01-KA103-060317
Iván, profesor de FOL, realizou unha mobilidade Erasmus+ Job Shadowing ao Istituto Tecnico Statale Luigi Sturzo, que imparte estudos técnicos profesionales de Biotecnología, Administración, Finanzas, Marketing y Turismo na cidade de Nápoles.
Durante unha semana de traballo puido compartir o día a día do centro, asistindo a clases de español, matemáticas, inglés, arte e tamén actividades prácticas de laboratorio.
Marina, profesora de Francés (2/5/2022 - 6/5/2022)
Proxecto 2020-1-ES01-KA103-080140
Neste tercer trimestre continuamos coa nosa colaboración co Lycée Professionnel ‘Les Ferrages’ en Saint Chamas, na Provenza francesa. No primeiro trimestre acollimos a 4 alumnas francesas de téxtil e agora a nosa profesora de francés, Marina, visitou a esta escola e outras cercanas. Algunhas das actividades desenvolvidas na semana de traballo foron:
Visita atódalas aulas dos ciclos de téxtil. Mostráron os traballos que estaban a facer os alumnos e puideron falar con eles
Visita ao Lycée Viticole Château Mongin de Orange, este instituto agrario pertencen ao ministerio de agricultura de Francia
Asistencia a clases bilingües francés- inglés
Visita ao Lycée Polivalente Adam de Craponne, en Salon de Provence. Nel se imparten ciclos de caldeiraría industrial, mecatrónica, demótica, recepción, comercio e venta, e auxiliar sanitario.
Job Shadowing en Messina ( Sicilia)
25 a 29 de Abril 2022
Proxecto 2020-1-ES01-KA103-080140
Dos profesoras del CIFP Manuel Antonio Begoña ( Fol y P. Inter ) y Teresa ( Hosteleria) junto con Avelina otra profesora del CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) visitaron en Messina el IIS Antonello , tienen las familias de turismo y hosteleria. La experiencia fue estupenda tanto desde el punto humano como profesional.
Las profesoras de Sicilia habían visitado nuestro centro en la primera semana de Abril de este año .
25-29 ABRIL DE 2022: ERASMUS DE PROFESORAS DE SANIDADE NA REPÚBLICA CHECA
Proxecto 2019-1-ES01-KA103-060317
Carmen, Paloma, Eva, profesoras do Departamento de Sanidade, xunto con Rut e Graciela, do Departamento de Programas Internacionais e tamén de Sanidade realizaron unha mobilidade á República Checa en abril de 2022. Visitaron dúas escolas de Formación Profesional Sanitaria:
Střední zdravotnická škola a Vyšší odborná škola zdravotnická en Ostrava, con estudos de Prótese Dental, Hixiene Bucontal, auxiliar de Farmacia e de enfermaría.
Vyšší odborná škola zdravotnická a Střední zdravotnická škola, na capital do país, en Praga, con estudos de Prótese e Hixiene Dental e Laboratorio clínico.
Durante os 5 días de traballo pudieron compartir experiencias co profesorado checo de sanidade, visitar 3 empresas do sector, presentar o CIFP Manuel Antonio e tamén visitar a Casa Museo de Mendel, quen realizou os primeiros traballos sobre herencia xenética na cidade de Brno.
25-29 ABRIL DE 2022: ERASMUS DE PROFESORES DE INDUSTRIAS ALIMENTARIAS EN FINLANDIA.
Proxecto 2019-1-ES01-KA102-063732 Next Station
Os profesores Xaquín e Trini de Industrias Alimentarias visitaron a escola de Formación Profesional Varia na localidade de Vantaa, situada na contorna de Helsinki, un centro con catro sedes educativas, que conta con máis de 6000 alumnos, 300 ensintantes e que realiza estudos en 17 especialidades, con formación en Suomi (fines), sueco e inglés.
Durante a súa estancia traballaron cos profesores da escola e tamén puideron visitar varias empresas do sector alimentario. Clicando aquí no seguinte enlace podes un dossier da súa estancia:
Dossier Job Shadowing Industrias Alimentarias en Vantaa, Finlandia
PROXECTO ETWINNING 2021 - 2022
Notre Cuisine Atlantique / Nuestra Dieta Atlántica, Nantes-Vigo
Durante este curso a profesora de francés Carmen Seijas en colaboración coa profesora de español Daisy Houles do Lycée polyvalent Nicolas Appert, Orvault, de Francia levaron a cabo un proxecto a través da Plataforma Etwinning.
Este proxecto une a estudantes de Formación Profesional de Cociña das dúas escolas de Hostelaría de Vigo e Nantes.
A meta é intercambiar as prácticas culinarias que, dadas as situacións xeográficas alén do Océano Atlántico, presentan similitudes máis aló das diferencias aparentes. Os intercambios realízanse en francés e español, o que permite aos alumnos mellorar as súas competencias lingüísticas.
Esta semana recibimos no CIFP Manuel Antonio e tamén no IES Ricardo Mella e no CIFP Valentín Paz Andrade a 19 directores de varios institutos franceses.
Coñeceron de 1ª man os talleres das diferentes familias profesionais.
Intercambiouse información e establecéronse contactos profesionais para que o alumnado e profesorado viaxe de Erasmus a Francia.
BLOG ERASMUS+ ALEMAÑA
(Febreiro - Abril 2022)
Proxecto 2019-1-ES01-KA103-060317
Yerai, recién titulado de CS Química Industrial é outro dos nosos alumnos que disfrutou dunha mobilidade Erasmus+ de 10 semanas de duración.
Neste caso, realizou prácticas nunha empresa industrial situada en Osnabrück, Alemaña. Estas prácticas foron organizadas grazas á nosa colaboración coa escola Berufsbildende Schulen des Landkreises (BBS) de Osnabrück-Brinkstraße, coa que vimos traballando dende hai varios anos.
Yerai integrouse moi ben na cidade e na empresa de prácticas, na que traballou no laboratorio analítico realizando ensaios físico-químicos e controis de calidade das materias primas e produtos acabados. A experiencia non puido ser más satisfactoria para todos.
Agradecemos moito aos compañeiros do BBS de Osnabrück-Brinkstraße pola súa axuda na organización das prácticas de Yerai, na búsqueda do seu aloxamento e na tutorización durante a súa estancia en Alemaña.
Praza do Mercado, Osnabrück
BLOG ERASMUS+ PORTUGAL
(Febreiro - Abril de 2022)
Proxecto 2019-1-ES01-KA103-060317
Paloma, recién titulada de CS Patronaxe e Moda, realizou unha estadía de prácticas Erasmus no Atelier de diseño DAVID CATALÁN, na cidade de Oporto. Durante este tempo, colaborou en todo o proceso productivo da nova colección de moda masculina e tamén nalgunhas pezas a medida de moda feminina. Tivo a oportunidade de asistir a sesións fotográficas, feiras de tecidos e participar na organización dun desfile da marca na Portugal Fashion Week. No seu tempo libre tamén aproveitou para facer amigos Erasmus de diferentes nacionalidades.
Alegrámonos moito de que aproveitase tan ben esta experiencia.
Proxecto 2019-1-ES01-KA103-060317
Bea, estudiante de Guías, Información e Asistencia Turística realizou a FCT nunha empresa de visitas guiadas e excursións en Cracovia, en Polonia. A súa experiencia foi moi enriquecedora,
Queres coñecela??
Carmen, recién titulada do Ciclo Medio de Confección e Moda realizou a súa estadía no atelier dun diseñador portugués, situado no pintoresco Barrio Alto de Lisboa.
Podes coñecer a súa experiencia clicando no seguinte enlace:
🇵🇹 Stories destacadas del Erasmus en Lisboa @carmenci1a
Proxecto 2019-1-ES01-KA102-063732 Next Station
Rodrigo, alumno do Ciclo Medio de Confección e Moda realizou a FCT nunha empresa de confección textil industrial en Maia, ás aforas de Oporto, en Portugal.
Clica no seguinte enlace para coñecer a súa experiencia:
Proxecto 2019-1-ES01-KA102-063732 Next Station
Bea, alumna do Ciclo Medio de Confección e Moda tamén realizou as súas prácticas no estranxeiro. Concretamente ela traballou nun atelier de vestidos de noiva en Bolonia, na rexión de Emilia-Romaña en Italia.
Se clicas no seguinte enlace poderás ler a súa presentación sobre as prácticas:
Proxecto 2019-1-ES01-KA103-060317
María, alumna de Laboratorio Clínico e Biomédico realizou a FCT nun laboratorio de diagnóstico veterinario en Brescia, la rexión de Lombardía en Italia.
Neste enlace poderás coñecer a súa experiencia:
Proxecto 2019-1-ES01-KA102-063732 Next Station
Nuria, alumna de Panadaría, Repostaría e Confeitaría realizou as súas prácticas Erasmus nunha confeitería de Setúbal, en Portugal.
Queres coñecer a súa experiencia??
No CIFP Manuel Antonio cada vez somos máis internacionais!!!
Este trimestre colaboramos co Lycée Professionnel Les Ferrages en Saint-Chamas en Francia.
As súas profesoras de Moda puideron coñecer o noso centro grazas á visita teatralizada do alumnado de Guías. No mes de outubro recibimos a Laurent, profesor de español, e a 4 catro alumnas de Confección de Moda que realizarán prácticas en Vigo durante este mes; tamén puideron coñecer aos alumnos de téxtil no taller de Confección e falaron de moda en español e francés.
Vous êtes toujours les bienvenus à Vigo et au CIFP Manuel Antonio!!!
Queres coñecer a súa escola??? Preme nestes links:
Proxecto 2019-1-ES01-KA103-060317
Lunes 20 de septiembre: salida desde Vigo a Madrid y después Madrid Dubrovnik, es importante ver los vuelos desde Oporto, por su cercanía a Vigo, ya que si existen vuelos directos y es mucho más cómodo el viaje. Llegada a Dubrovnik and Check-in en el Hilton Imperial Hotel.
Martes 21 de septiembre. Reunión en el Hilton Imperial con Zorica, responsable del departamento de recursos humanos, visita al hotel para conocer sus instalaciones y a los diferentes departamentos.
Miércoles 22 de septiembre: Desayuno con el responsable del hotel para conocer su “know how”, procedimientos, condiciones de los empleados, y el software que utilizan para la gestión de su documentación y trabajo.
Jueves 23 de septiembre: Visita a la oficina de turismo de Dubrovnik para presentar nuestros estudios y buscar colaboraciones.
Viernes 24 de Septiembre: Turismo in Dubrovnik y regreso a Vigo.
Todos los días hizo muy buen tiempo y buena temperatura. El número de turistas que visita la ciudad es muy elevado aunque sea el mes septiembre. Si se quiere ir a la playa es importante llevar cangrejeras porque son playas con piedras. Es una experiencia muy recomendable.