O campamento de Nadal terá lugar os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro de 2025 e mais os días 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026 no CEIP Plurilingüe Vila de Rutis en horario de 09:00 a 14:00 horas.
Ofrécense tamén servizos complementarios opcionais de almorzo (de 07:30 a 09:00 horas) e de xantar (de 14:00 a 16:00 horas).
Está dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos que estean matriculados en Educación Infantil ou Educación Primaria.
Limitado a 120 prazas.
Terán preferencia as persoas empadroadas en Culleredo que acrediten convenientemente a necesidade de conciliación.