A Asociación Cultural Lenda Ártabra, aínda que é de recente creación, ten entre as persoas fundadoras a xente que veñen traballando desde fai máis de 15 anos en diferentes proxectos noutra asociación cultural como era Asociación Cultural-Etnográfica Norfolk de Ferrol.

Damos o paso de crear esta nova asociación cultural co ánimo de afianzar o traballo musical xa existente de Lenda Ártabra Folk e de implementar novas actividades e proxectos novidosos baixo a nova nomenclatura. 

Nesta nova etapa seguiremos traballando pola defensa, recuperación e divulgación do patrimonio cultural de Galicia dende un ámbito local a internacional.