Un dos nosos propósitos nesta nova etapa da asociación é a de poñer en marcha un grupo de cantos de tabernas. Actividade que foi cobrando forza en toda Galicia e na que a zona de ferrolterra sempre foi especialista. Cantarlle A Rianxeira, O Carro, O Gato, Catro vellos mariñeiros ou calquera outra cantiga mentres se toma unha taza de ribeiro fresco, sempre foi tradición por estas terras.
Na nosa comarca contamos con grupos como Os Cantabeiros que, en máis dunha ocasión, virán a ensinarnos este noble arte das cantadas regadas a base de tazas de ribeiro.
Grupo de Cantos de Taberna "Os Cantaberneiros"