Brión Folk Festival
-1800-
Un dos nosos desexos e obxectivos máis importantes como asociación cultural é a organización dun festival de música folk que vaia íntimamente ligado á celebración da Batalla de Brión e a esta parroquia de Ferrol.
Os días 25 e 26 de agosto do 1800 as xentes de Brión e arredores eran quen de frear a incursión en terras ártabras das tropas inglesas. Dita batalla é recreada todos os anos nos montes de Brión e, no vindeiro 2025, celebrarase o 225º aniversario deste importante suceso.
A directiva da Asociación Lenda Ártabra está a traballar xunto ao Concello de Ferrol, Deputación e Xunta de Galicia, a Asociación de Veciños "Castelao" de Brión e outras entidades municipais do ámbito da cultura, do turismo e do patrimonio, para que este gran proxecto se poida poñer en marcha no menor tempo posible. Poderá ser neste 2025?
Seguro que si!!!!