Arrincamos unha nova etapa!!
Nesta último trimestre , e cando se cumpren 10 anos desde a fundación do grupo folk, iniciamos unha nova etapa con esta nova asociación. Seguiremos traballando pola defensa e difusión da cultura galega pero en máis ambitos que o musical. Tentaremos organizar obradoiros, faladoiros culturais e o noso grande desexo é a creación dun festival folk en Ferrol.
Se queres pertencer como socio á nosa asociación non tes máis que poñerte en contacto con nós e serás de gran axuda para lograr os proxectos que temos en mente.
Seguimos sendo unha asociación cultural e apolítica sendo o noso punto de partida e de chegada a cultura galega.