Investigar e coñecer os distintos xogos do mundo, como elemento integrador.
Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.
Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías (información e a comunicación).
Concebir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en materias, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da experiencia.
Para quen?
Destinatarios/as
Alumnado de Valores e Historia de 1º a 4º ESO.
Como?
Actividades
Elaboración de fichas sobre xogos do mundo (cada nivel educativo investigará un continente). O alumnado de1º e 2º elabroarron fichas dos xogos tradicionais galegos. O alumnado de 4º ESO elaborou fichas de xogos tradicionais para as súas Guías de Viaxe.
Fabricación de xogos cooperativos (creacións novas ou recreacións de xogos históricos). En 1º e 2º ESO fabricaron os xogos das fichas propostas por 4º ESO. En 4º ESO deseñaron xogos galegos.
Estaba prevista unha exposición na Feira do coñecemento da Semana Cultural de todos os xogos elaborados e competición con todo o alumnado do centro tendo como monitores ao alumnado participante na actividade. Mais non se puido levar a cabo debido á alerta sanitaria.