Cita a cegas cun libro

Para que?

Cita a cegas cun libro é unha actividade diseñada para 1º ESO que naceu o curso pasado cuna obxetivos claros:

  • Dinamizar as novidades da biblioteca.
  • Promover os recursos da biblioteca.
  • Facilitar a formación das persoas usuarias na utilización da biblioteca e na educación docuemntal.
  • Deseñar e desenvolver programas para adquisición das competencias informacionais e mediáticas.

Para quen?

Debido ao éxito da actividade decidiuse repetir este curso. Desta vez levouse a cabo en 1º ESO e tamén en 4º ESO.

Como?

Coma nas citas a cegas o único que sabemos é o lugar e a hora a que quedamos. O lugar non pode ser outro que a biblioteca do centro e a hora está marcada pola clase de lingua castelá. En 1º ESO engadimos a emoción de compartir a lectura cun compañerio ou compañeira doutra clase.

Ao chegar á biblioteca cada lector/a recibe un papel cunha frase suxerente e motivadora relacionada cun libro escollido previamente polos profesoras: “hai mulleres invisibles e anónimas”, “hai universos invisibles”, “o invisible que hai en min”, “hai amenazas invisibles”... Con este título teñen que buscar os seus libros.

Todas as lecturas seleccionadas tiveron unha temática común: falaban de persoas, animais, obxectos, ou sentimientos que son Invisibles aos ollos, temas relacionados co noso proxecto de centro.. A intención era darlle voz a todo aquilo que nos rodea e pasa desapercibido ou que non lle damos o protagonismo que se merece. Alzar a voz para falar de cambio climático, de arte, de deporte, de ciencias e, por suposto, de mulleres.

Coma nas citas a cegas o primeiro foi comezar a coñecerse, unha lectura superficial do libro para saber de que trata e para acotar a temática.

A elaboración dun guión provisional axuda a orientar a busca. Seleccionaron a información máis relevante da fonte escollida: o libro. Crearon un texto expositivo con esta información seleccionada utilizando as propias palabras e incluíndo opinións ou valoracións.

Durante unha semana fixéronse exposicións orais na biblioteca para dar amosar o coñecemento adquirido despois do traballo coa información.

Exposición oral.pdf