As illas Cíes, teñen moita proxección turística e na actualidade son de acceso restrinxido debido á masificación das visitas. Se falamos de sendeirismo, hai 4 camiños sinalizados, situados entre as illas de Faro e Monteagudo, xa que a illa de San Martiño aínda non ten instalacións públicas.
1.- Ruta do Monte Faro (Illa de Monteagudo)
Distancia: 7,4 km (ida e volta). Desnivel máximo: 175m.
Duración do percorrido: 2 h 30 minutos (ida e volta).
Puntos de interese principais: Praia e dunas de Rodas, O Lago, Centro de información, Pedra da Campá.
Este é o percorrido máis emblemático e frecuentado de todos os que se realizan no arquipélago, xa que remata no punto máis alto que se pode visitar desde todo o Parque Nacional, tamén ten unha das vistas máis espectaculares. É, ao mesmo tempo, a ruta máis longa, con maior desnivel e a máis exposta ao mal tempo.
2.- Ruta do "Faro da Porta"
Distancia: 5,2 km (ida e volta). Duración do percorrido: 1 h 45 minutos (ida e volta). Desnivel máximo: 55m.
Puntos de interese principais: Praia e dunas de Rodas, O Lago, Centro de información, Praia de Nosa Señora, Faro da Porta.
Esta ruta comeza desde o mesmo lugar cáanterior, á esquerda da cabina de información, seguindo a estrada que se atopa despois da praia de Rodas e do "Lago".
3.- Ruta do "Alto do Príncipe"
Distancia: 3 km (ida e volta). Duración do percorrido: 1 h 15 minutos (ida e volta). Desnivel máximo: 122m.
Principais puntos de interese: Complexo dunar Figueiras-Muxieiro, Praia de Figueiras, Cadeira da Raíña.
Trátase dunha curiosa formación rochosa provocada pola erosión.
4.- Ruta de Monteagudo
Distancia: 5,6 km (ida e volta). Duración do percorrido: 1 h 45 minutos (ida e volta). Desnivel máximo: 60m.
Principais puntos de interese: Complexo dunar Figueiras-Muxieiro, Praia de Figueiras, Observatorio de aves, Faro do Peito o Monteagudo, Furna de Monteagudo.
Na illa de Monteagudo, no peirao de Rodas, hai unha caseta de información sobre as illas e o Parque e o Centro de Información está situado na illa de Faro, dentro dun antigo almacén de artillería do s. XIX, que ocupaba as ruínas do Mosteiro de Santo Estebo, do século XI.
As illas poden ser visitadas en barco privado todo o ano pero precísase un permiso do Parque para navegar e fondear.
En transporte público hai barcos que saen de Vigo, Cangas, e Baiona, en temporadas de verán, Semana Santa e fines de semana de maio. Hai cupos reducidos de visitantes.
Hai un cámping privado na illa de Faro, a 700m da caseta de información.