Pertencen ao concello de Vigo, parroquia de San Francisco de Afora .
Coordenadas:
As illas Cíes son un arquipélago situado na provincia de Pontevedra ao noroeste da península Ibérica, na bocana da Ría de Vigo, parte das Rías Baixas galegas, formado por tres illas:
Norte ou Monteagudo, Do medio ou Faro e Sur ou San Martíño. As dúas primeiras están unidas artificialmente por un dique, e naturalmente polo areal da Praia de Rodas.
E tamén forman este arquipélago os illotes de: A Agoreira, O Boeiro, Penela dos Viños, Carabelos e Ruzo.
Están orientadas segundo un sistema de fracturas paralelo á costa en dirección N-S. Distan aproximadamente tres cuartos de hora de viaxe en barco e 14,5 km da cidade de Vigo.
Foron declaradas Parque Natural dende 1980, Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) dende 1988. Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Illas Cíes en 2001.