A illa de Sálvora pertence a un arquipélago composto, ademáis, polos illotes como Vionta, Con de Noro, Herbosa, Rúa, Insuabela, Gaboteira, as Sagres e as Forcadiñas.
Este arquipélago, xunto cos das Cíes, Ons e Cortegada, constitúen o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
Este enclave, habitado ata os anos setenta, posúe valores patrimoniais, medioambientais e culturais únicos e, por iso, é o primeiro espazo natural galego en ter a declaración de ben de interese cultural (BIC).