Fotografía de Linaria arenaria
En Sálvora domina unha vexetación baixa de toxo, fieitos e outras herbas que acompañan aos grandes e característicos bloques graníticos desta illa. A flora de cantil presenta un aspecto redondeado debido aos fortes ventos e mestúrase, ao haber pouca distancia nalgunhas zonas, coa de dunas.
Nos cantís de Sálvora distínguense varias clases de vexetación según a súa proximidade ao mar. Nas zonas máis baixas e próximas ao mar, ocupando as gretas das rochas e moi influenciadas polas salpicaduras da oleaxe, instálase unha comunidade caracterizada polo perexil de mar (Crithmum maritimum) e a armeria (Armeria pubigera subsp. pubigera).
Nome científico: Crithmum maritimum
Nome común: Perexil de mar
Caracteristicas: É unha planta comestible, é unha herba perenne.
Nome científico: Armeria pubigera subsp. pubigera
Nome común: Armeria
Nos claros das dunas atópanse os paxariños, entre outras especies vexetais.
Nome científico: Linaria arenaria
Nome común: Paxariños
Caracteristicas: en Sálvora e en menor medida en Ons destaca a presencia das principais poboacións ibéricas de Linaria arenaria.
De ata 15 cm, crecen maiormente nos terreos areosos.