A maior parte da fauna vertebrada terrestre da illa pertence ao grupo das aves, sendo moito máis escaso o número de especies de anfibios, réptiles e mamíferos.
Nome científico: Lissotriton boscai
Nome común: Tritón ibérico
Características : É unha especie de anfibio urodelo da familia salamandridae. A coloración da cabeza e dorso é de cor pardo ou marrón, e ventralmente é de cor laranxa ou vermello, con puntos negros,
Atópase nos arquipélagos de Ons e Sálvora.
Nome científico: Timon lepidus oteroi
Nome común: Lagarto ocelado de Sálvora
Características: é un lagarto robusto. A cor dorsal é xeralmente verde con punteado negro, pero ás veces pode ser gris ou marrón, especialmente na cabeza e a cola. A parte inferior é de cor amarelenta ou verdosa. O macho é máis brillante cá femia e ten manchas azuis nos seus flancos.