Fotografía da escultura da serea Mariña de 1968, obra do escultor burgalés Ismael Ortega Martín.
Aínda que os primitivos pobos e protagonistas da historia antiga (celtas, romanos, suevos,...) chegaron espallados por toda Galicia, non hai datos ou estudo de asentamentos ou usos desta illa por aquel entón.
Así, a historia coñecida de Sálvora comeza ao final da Alta Idade Media, período no que formaba parte da coroa galega-asturiana e que foi doada por Alfonso II o Casto á Igrexa de Santiago.
A mediados do século XVI, a Igrexa entregoulla como coto a Marcos Fandiño Mariño, cuxa administración, e a dos seus herdeiros, foi en rexime feudal.
En 1820 Isabel de Mariño, herdeira de Sálvora, casou con Ruperto Antonio de Otero, momento no que a saga dos Otero convertiuse na nova propietaria de Sálvora.
A principios do século XX, o Estado expropioulles a illa e mantivo unha dotación militar ata mediados de século. Cando o Exército se retirou, volveron a recuperar a súa propiedade, habilitaron como pazo a antigua fábrica de salazón e utilizaron a illa como coto de caza.
Dende o 2002, a illa forma parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada), e comezou unha etapa na que a preservación dos valores naturais da illa está por encima de calquiera outro interese.
Pazo e escultura da serea Mariña
Pazo e capela de Sálvora
Na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o buque Santa Isabel, un vapor correo, foise a pique a pouco máis de 100 metros da illa de Sálvora, aínda habitada. Os veciños da illa, e moi especialmente tres mozas de entre 14 e 25 anos, que logo se convertirían en heroínas, prestaron auxilio aos viaxeiros e lograron salvar a unhas 56 personas.
Libro sobre o naufraxio do Santa Isabel
"Conta a lenda que a serea Mariña foi atopada na praia polo cabaleiro don Froilaz, que enseguida descubriu que era muda, fíxoa a súa esposa e froito daquela relación naceu Mariño.
Preocupado pola mudez da súa muller, don Froilaz confiou o seu pesar ao abade. Éste aconselloulle que lle provocase unha forte emoción que puidera devolverlle a fala. O nobre acendeu entón unha fogueira e, nun momento no que Mariña se acercou co seu fillo no colo, arrebatoullo e simulou botarlo ao lume. Isto causou a reacción esperada, e Mariña pronunciou o seu primeiro son".
Esculturas da serea Mariña