A dorna, moi utilizada nas rías de arousa, en Pontevedra, foi moi tamén moi empregada en Ons e en Sálvora.
Trátase dunha embarcación tradicional cunha orixe relacionada coas primitivas naves normandas que invadiron as costas de Galicia nos séculos X e XI. De feito, a dorna ten modelos actuais moi semellantes nas costas dos países nórdicos, con similitudes en canto á estrutura e tipo de construcción.