Cemiterio de César Portela
O CEMITERIO
A 4 minutos en coche do mesmo faro atopamos un dos lugares con mellores vistas pero quizais dos máis polémicos: O cemiterio construído polo prestixioso arquitecto César Portela.
Este cemiterio foi construído no ano 1998 e finalizado no 2000. Foi finalista dos premios Rotthieer y Mies Van der Roche e moi mencionado en moitas revistas de arquitectura. Tivo moitos problemas para ser aceptado no pobo, por temas burocráticos co concello e coa bouza que rodea esta obra arquitectónica. Cunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental, o Concello de Fisterra, trata agora de poñer en marcha un proxecto, barato para o que significa este conxunto e que daría solución ao principal problema que ten a construción, que é a falta de electricidade. Agora o obxectivo deste proxecto é poñelo en funcionamento, xa que aínda non hai ninguén alí enterrado.
Ruta para chegar ao cemiterio dende o faro
Planos do cemiterio
CÉSAR PORTELA, O AUTOR
César Portela,o arquitecto, naceu en Pontevedra no ano 1937.É o autor, ademais deste cemiterio, da terminal do aeroporto de Vigo, unha estación en Valencia, unha biblioteca e auditorio en Sevilla, un museo de historia natural en Galicia, o café parque Rosalía de Castro, o centro cultural Caixa Nova, unha estación ferrocarril en Cádiz, o centro de estudos avanzados en Santiago… Tamén ten dirixido diversos Seminarios e Talleres de arquitectura. Galardoado co Premio Nacional de Arquitectura Española no ano 1999 polo edificio da Estación de Autobuses de Córdoba, tamén recibiu outras importantes distincións por parte de diversas Institucións nacionais e internacionais.
A 4,1 km do Faro de Fisterra encontramos a Praia do Mar de Fóra, co seu impresionante miradoiro. Dende este punto podemos contemplar a beleza salvaxe do mar aberto así como a grandeza do Monte da Nave e a solitaria e recollida praia de Mar de Fóra.
Castelo de San Carlos, Fisterra
Interior do Castelo, agora Museo do Mar
A só tres quilómetros do faro, e xa case metidos na vila de Fisterra podemos visitar un Castelo defensivo do século XVIII, hoxe sede dun pequeno Museo do mar.
Este edificio, de forma irregular para adaptarse ao terreo rochoso sobre o que está asentado, ten o seu inicio baixo a dirección dos enxeñeiros Demaur e Exaccha.
Foi construído a mediados do S. XVIII (1757) dentro dun plan defensivo da ría de Corcubión xunto co Castelo do Príncipe, en Ameixenda (Cee) e o do Cardeal, en Corcubión, porén naquela época só se levou a cabo a explanación do solar e a cimentación sobre a rocha. A base da pedra é de barro e forma parte dun tramo da muralla. O castelo non se rematou ata dez anos despois e grazas a unha orde real do rei Carlos III .
Sufriu un incendio que o destruíu tras o asalto francés a Fisterra durante a Guerra da Independencia, posteriormente reformouse a nave central e agora foi restaurado recentemente.
Vídeo con imaxes do castelo:
Imaxe do exterior da igrexa
Este templo, tamén chamado “A porta Santa de Fisterra” está situado na prolongación do camiño de Santiago cara ao faro e ao cabo de Fisterra, a pouco máis de dous quilómetros del.
Trátase dunha igrexa románica do século XII que pola súa vinculación co apóstolo Santiago fixo que fora moi visitada por peregrinos, especialmente durante os séculos XIV, XV e XVI, que finalizaban aquí o camiño para orar ante o Santo Cristo e moitos deles para ver o mar por primeira vez nas súas vidas.