Xirín macho e fémea
Fisterra é un lugar extraordinario e clave para o paso das aves migratorias que buscan refuxio e repouso nos areais das praias de Rostro e Langosteira. As pequenas illas rochosas coma as Illas Lobeiras albergan unha gran colonia de diferentes tipos de gaivotas (patiamarela, reidora…) e tamén se poden observar outras especies de aves paseriformes como o xirín e o pimpín.
O "verdecillo"
Identificación:
En galego chamámolo Xirín. Trátase dunha pequena ave, cun pico ancho, pero moi curto, e unha cola cunha marcada “escotadura” no extremo. Os machos e as femias teñen o peito e o ventre de cor branca amarela con pintas ou curtas raias verticais. Pero os machos, sobre todo en primavera, mostran a fronte, a gorxa e o peito coloreados de amarelo.
O "pinzón"
Identificación:
En galego chamámolo Pimpín, que se distingue ben por posuír —tanto os machos coma as femias— unha mancha branca, a cal é moi visible no voo. Ademais, tamén ao voar apreciase outra banda branca que cruza as ás na parte media. Mostra un claro dimorfismo sexual.
Queiruga ( Erica arborea)
Toxo (Ulex parviflorus)
As queirugas costeiras e toxos dominan practicamente a flora da Costa da Morte. Multitude de especies se acomodan dos fortes ventos, nos ocos máis protexidos.
Queiruga ( Erica arborea)
Pertencente á familia Ericaceae, é unha planta incrible. É moi adaptable, e resistente ao lume
Este decorativo arbusto crece ata unha altura dun metro aproximadamente. Ten follas diminutas, duns 10 mm de lonxitude, perennes, de cor verde escuro. As súas flores poden ser de cor rosa, crema ou branca, e medran dispostas boca arriba ou boca abaixo. Aparecen, como diciamos, durante o período outonal polo que é sen dúbida a planta protagonista tras finalizar o verán.
Toxo (Ulex parviflorus)
O seu nome científico é Ulex parviflorus, aínda que é probable que o coñezas máis como toxo, árgoma, aulaga morisca, aulaja, argilada ou gatosa. Chega a alcanzar os 2 metros de altura, e está moi ramificado. As polas están provistas de fortes espiñas laterais, moi punzantes. Ten poucas follas.
As flores, que brotan a finais de inverno, son de cor amarela e nacen directamente desde as espiñas.