Faro de Fisterra
Imaxe nocturna do faro
A torre do faro é de cantería e de base octogonal, de 17 metros de alto cunha cornixa sobre a que se apoia a balconada. O faro de Fisterra, está situado no “fin da Terra“, como o consideraban os romanos, xa que cando chegaron aquí non alcanzaban a ver nada máis alá e pensaban que a Terra se acababa neste punto.
O Faro foi construído en 1853, pero a constante néboa do inverno provocou que se lle engadira unha sirena en 1888, a Vaca de Fisterra, para avisar aos navegantes do perigo existente. Está electrificado dende o ano 1931 e a súa luz, de cor branca, alcanza as 23 millas.
Aquí podemos ver un vídeo sobre o faro e os seus arredores: