O LIBRO DO CORPO HUMANO

Este libro é un libro interactivo. Contén Realidade Aumentada con HPReveal que nos leva a diferentes actividades que fixeron para o proxecto como a investigación dos nomes dos osos a partir de radiografías na mesa de luz. Ten tamén códigos QR a artigos que eles escribiron no blog do colexio sobre outras actividades. Vai acompañado dunha camiseta onde aparecen vídeos que gravaron con información atopada en Internet que buscaron, reelaboraron, contrastaron, reescribiron e revisaron en grupos.