O LIBRO DAS PLANTAS

Este libro contén Realidade Aumentada con HPReveal (antes Aurasma) onde os nenos e nenas explican as súas investigacións a través do método científico para responder ás preguntas do proxecto. Pódese ver tamén a plantación do horto escolar, as saídas didácticas, a investigación de Ciencia Cidadá feita coa App Epicollet relacionada co descubrimento das formas xeométricas no entorno natural e dúas seccións máis: a natureza na arte e na poesía.