OS GRUPOS INTERNIVEL: AULA DOS REPORTEIROS

Nos grupos de internivel dos venres unha das aulas traballaba como aula de comunicación. Nenos e nenas de 5º, 6º e 2º colaboraron xuntos para informar aos seus compañeiros e compañeiras sobre o que facían os outros grupos ou sobre algo que eles quixeran comentar do colexio. Nace así a páxina de Pingüi no Instagram, radio Pingüi utilizando Audacity e Canal Pingüi co Touchcast e a técnica do Crhoma. Aquí vos deixamos algunhas mostras.