EDITORIAL PINGÜI

Este proxecto foi levado a cabo no CEIP VICENTE OTERO VALCÁRCEL de Carral durante dous cursos académicos o 16/17 e o 17/18. Nel participou a maioría do Claustro. Uns realizando o traballo dos libros, outros organizando os horarios e diferentes actividades, outros xestionando os temas económicos e outros nos grupos interdisciplinares.

O proxecto consistiu en facer os nosos libros informativos en galego como produtos sociais relevantes derivados dos proxectos de investigación dende diferentes aulas. Comezamos paseniño, paseniño, pero pouco a pouco fomos facéndonos un oco. Este traballo parte dunha iniciativa dos cursos do primeiro ciclo xunto co Equipo da Biblioteca e o de Dinamización da Lingua Galega e despois exténdese a outras clases e diversifícase con textos literarios. Ademais, nos talleres interdisciplinares realizados os venres, unha das clases está relacionada cos reporteiros, a partir de aí nace o Instagram de Pingüi, a radio, a revista e a televisión.

Picade no resto das páxinas para ver as diferentes tarefas feitas ao longo deste tempo desplegando a pestana do marxe superior dereito.

Este vídeo pertence ao primeiro ano. Foi feito para presentarse aos premios que convoca a Plataforma Proyecta e cremos que mostra moi ben o espíritu que hai detras deste traballo.