LUNS, 25/05/2020
Inauguramos esta sección para seguir dende ela as actividades que os alumnos/as que teñen algunha das anteriores avaliacións pendentes deben de facer para recuperar.
O venres 30 publicarei as actividades correspondentes a 1.º e 2.º coas súas instruccións e prazos.
Estade atentos/as!!!!!
1.º ESO: RECUPERACIÓN DA 1.ª e 2.ª AVALIACIÓN:
No seguinte documento tedes as actividades que tedes que presentar para a recuperación das avalaicións anteriores.
Normas:
Cada alumno terá que presentar as preguntas que correspondan coa avaliación (s) que ten suspensa.
A data límite de entrega é o luns 15 de xuño ás 14.00 horas (NON se recollerán fóra deste prazo).
Cada alumno/a copiará a outro documento a avaliación que ten que facer e contestará ás preguntas a man ou ordenador.
Unha vez rematadas remitiránmas a min en formato PDF.
2.º ESO: RECUPERACIÓN DA 1.ª e 2.ª AVALIACIÓN:

SÁBADO, 13/06/20: ENTREGAS
As entregas das recuperacións non aparecerán aquí reflictidas ao non ser un traballo común a tódolos alumnos/as. Recibiredes no voso correo, coma sempre, un mail.
MARTES, 16/06/20:
Xa NON recollerei máis recuperacións trala finalización do prazo establecido. Aqueles que as presentastes, recibiredes entre hoxe e mañá a confirmación da recepción das mesmas.
SETEMBRO.
Para preparar as recuepracións repasade as preguntas dos anexos que se colgaron para xuño e que tedes á vosa disposición un pouco máis arriba. Desas preguntas sairá o exame.
HORARIOS DE RECUPERACIÓN:
1.º ESO: Mércores 2 de setembro ás 11.30h
2.º ESO: Martes 1 de setembro ás 9.00h