Ola, alumnos e alumnas de 1.º!
Imos aproveitar este tempo de traballo dende a casa para facer os mapas físicos dos continentes e de España. Durante esta primeira semana adiantaredes o traballo cos mapas de Europa e España. Lede a continuación as instruccións.
Este traballo está pensado para que o repartades en tres sesións (luns, mércores e venres) dunha hora. Desta forma non perderedes a rutina coa materia.
O seguimento do voso traballo é fundamental, polo tanto, ben cada día ou ben o venres enviarédesme unha foto de boa calidade dos mapas, os mapas en PDF ou ben dixitalizados (escaneados) para a súa corrección.
Máis abaixo tedes tamén instruccións para o traballo individual que está pendente. A realización deste traballo é prioritario xa que a data da súa entrega era mañá luns.
REPARTIMOS O TRABALLO:
Aqueles alumnos que non fixeron o cartel expositivo, farano o luns 16 e enviarán a foto por mail. MENSAXE SÓ PARA 1.º A. Os alumnos de B xa o teñen entregado. polo tanto poránse xa cos mapas.
Os alumnos que o teñan xa feito mandarán a foto e comezarán co mapa de España.
Durante o mércores e o venres remataredes os dous mapas e enviaremos por mail.
Os mapas poden ser descargados da rede ou ben mercados na libraría. Eso sí, que sexan mapas físicos mudos!!!!!
Podedes traballar co mapa que aparece no libro de texto na unidade correspondente, co atlas ou calquera outro recurso.
A continuación tedes as listas cos accidentes xeográficos para completar nos mapas.
Cada accidente xeográfico estará escrito a unha cor distinta (tamén é válido subliñar). Así os ríos están nunha cor, os mares e océanos doutra, etc.
Nas imaxes que adxunto veredes que os nomes van acompañados de números. Estes números NON son necesario no mapa.
Póñedelle o voso nome ao voso traballo .
Os mapas entregaránse o primeiro día de clase.
TRABALLO INDIVIDUAL SOBRE GRECIA E ROMA: CARTEL EXPOSITIVO (para 1.º A)
O traballo entregarase cando se reanuden as clases, porén, se algún alumno/a xa o ten feito, pode enviarme por mail unha fotografía de boa calidade do mesmo, para ir avaliando dito traballo. Así o fixo unha compañeira e pareceume una idea excelente. Gracias!
Ante o peche de librarías e papelerías poderedes traballar con DINA 4 pois seguramente teredes na casa folios ou incluso cartolinas deste tamaño. Os que xa teñades a DINA 3 por suposto, usádea. Valerán os dous formatos.
DESCARGAR MAPAS FÍSICOS MUDOS:
Como xa falamos na aula podedes traballar con mapas descargados da rede, nestes días un recurso totalmente necesario.
Para acceder a mapas de boa calidade o ING, Instituto Xeográfico Nacional pon ao servizo dos estudantes mapas mudos pero tamén un montón de recursos de xeografía que iremos empregando en diferentes momentos. Polo tanto podedes acceder a súa páxina e descargar desde ela os mapas que necesitades para este traballo. E coma sempre, aqueles alumnos que xa teñades na casa os mapas en papel traballaredes con eles.
ENTREGA DE CARTEL EXPOSITIVO DE 1.º A:
Lembrade que a data de entrega era hoxe e que durante a vosa sesión de estudo desta mañá tiñades que traballar nel. A continuación indico os alumnos/as (por medio do seu número de clase, non aparecerán nomes nin iniciais) que xa entregaron a imaxe do seu cartel e aqueles que aínda faltan. O mércores será o último día de entrega.
ALUMNOS QUE ENTREGARON O SEU TRABALLO:
1, 2, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11,15, 16, 17, 18, 21, 23, 24, 25, 26, 27, 29.
ALUMNOS CO TRABALLO PENDENTE DE ENTREGA:
3, 12, 13, 14, 19, 20, 22, 28.
ENTREGA DE MAPAS de EUROPA E ESPAÑA: Aparecerán só os alumnos/as que van entregando o traballo.
Os mapas son o traballo desta semana, o venres é a última sesión...
1.º A:
EUROPA: 1, 2, 4, 5, 7, 8, 9, 10, 11,15, 16, 21, 23, 24, 25, 26, 27, 29
ESPAÑA: 1, 2, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11,15,16, 21,23, 24, 25, 26, 27, 29
1.º B (os números de clases son os actuáis tras a incorporación da vosa nova compañeira):
EUROPA: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 16, 18, 19, 21, 25, 26, 27, 29
ESPAÑA: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10,11, 12, 13, 14, 16, 17, 18, 19, 21, 25, 26, 27, 29
RECOMENDACIÓN:
Déixovos un enlace a un xogo interactivo de mapas. É unha ferramenta moi práctica pois e didáctica e divertida á vez. Se alguén se anima a facerse un experto cartógrafo que mo faga saber e tamén a súa puntuación ...
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos
Ola, alumnos/as:
Déixovos un mito desos que tanto nos gustan. É o mito de Apolo e Dafne!!!! Espero que vos guste.
Boa fin de semana.
Gracias pola vosa responsabilidade.
LUNS, 23/03/2020
Esta semana seguiremos co traballo de mapas. Ides facer os continentes que vos quedan por traballar: Asia, América e África. Igual que cos anteriores déixovos os accidentes xeográficos que tedes que completar e recordade as instruccións:
Colocar os nomes pero NON os números.
Subliñar ou identificar con cores distintos os diferentes grupos de formas (ríos, montañas, lagos, desertos)
Enviar a imaxe do mapa ao longo da semana.
Intentar dedicarlle a cada mapa unha sesión de Xª: luns, mércores e venres.
AQUELES ALUMNOS QUE NON ENTRARON AS TAREFAS ANTERIORES FINALIZALAS E ENVIALAS.
1. Oc. Atlántico
2. Oc. Pacífico
3. M. de Bering
4. M. do Labrador
5. M. Caribe
6. Golfo de Alasca
7. Golfo de México
8. Golfo de Arica
9. Estreito de Bering
10. Estreito de Davis
11. Estreito de Magallanes
12. Golfo de California
13. Península do Labrador
14. Península de Florida
15. Península de Iucatán
16. Península de California
17. Baía de Baffin
18. Baía de Hudson
19. Lago Winnipeg
20. Lago Michigan
21. Lago Hurón
22. Lago Maracaibo
23. Lago Titicaca
24. Groenlandia
25. Illa de Terranova
26. Illa de Cuba
27. Illa la Española
28. Illa de Xamaica
29. Illas Malvinas
30. Illa de Vancouver
31. Río Mackenzie
32. Río Mississippi
33. Río Colorado
34. Río San Lorenzo
35. Río Bravo
36. Río Orinoco
37. Río Amazonas
38. Río Paraguiai
39. Río Paraná
40. Montes de Alasca
41. Monte Mckinley
42. Montañas Rochosas
43. Montes Apalaches
44. Macizo das Guaianas
45. Cordilleira dos Andes
46. Cima do Aconcagua
47. A Patagonia
48. A Pampa
49. Meseta do Mato Grosso
50. Deserto do Colorado
51. Deserto de Atacama
52. Chaira Amazónica.
1. Oc .Atlántico
2. Oc. Indico
3. Mar Mediterráneo
4. C. Espartel
5. C. Verde
6. C. Boa Esperanza
7. C. Guardafui
8. G. de Guinea
9. G. de Adén
10. G. de Sirte
11. I. de Cabo Verde
12. I. de Madagascar
13. I. Comores
14. I de Socotora
15. R. Nilo
16. R. NIxer
17. R. Congo
18. R. Zambeze
19. P. de Somalia
20. Montes Atlas
21. Macizo de Ahaggar
22. Montes Mitumba
23. Pico Kenya
24. KIlimanxaro
25. Montes Drakensberg
26. Deserto do Sahara
27. Deserto de Namibia
28. Lago Chad
29. Lago Victoria
30. Lago Tanganica.
1. Oc Artico
2. Oc. Pacífico
3. Oc. Indico
4. M. de Bering
5. M. do Leste
6. M. Amarelo
7. M. Árabigo
8. M. Vermello
9. M. Caspio
10. I. Xapón
11. I. Filipinas
12. Indonesia
13. I. Ceilán
14. P. de Kamchatka
15. P. Corea
16. P. de Indochina
17. P. de Indostán
18. P. Arábiga
19. R. Ganxes
20. R. Meckong
21. R. Iantsé
22. R. Obi
23. Montes Urais
24. Montes Zagros
25. Himalaia
26. Cima do Everest
27. Cima do K2
28. Deserto do Gobi
29. Lago Baikal
30. Golfo pérsico
ENTREGA DE MAPAS DE ASIA, AMÉRICA E ÁFRICA:
1.º A:
ASIA: 1, 2, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 15, 16, 17, 19, 20, 21, 23, 24, 26, 27, 29,
AMÉRICA: 1, 2, 4, 5, 6, 7,8, 9,10, 11, 15, 16, 17, 20, 21, 23, 24, 26, 27, 29
ÁFRICA: 1, 2, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 15, 16, 17, 19, 20, 21, 23, 24, 26, 27, 29
1.º B:
ASIA: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 11, 12, 13, 14, 16, 18, 19, 21, 25, 26, 27, 29
AMÉRICA: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 11, 12, 13,14, 16, 18, 19, 21, 25, 26, 27, 29
ÁFRICA: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 11,12, 13, 14, 16, 18, 19, 21, 25, 26, 27, 29
LUNS, 30/03/2020: TAREFAS PARA ESTA SEMANA ATA O VENRES 3 DE ABRIL.
Esta semana comezaremos a traballar o Tema 1 de Xeografía. É hora polo tanto de que inauguredes a sección de Xeografía na vosa libreta e tamén o tema 6: A Terra e a súa representación.
Para comezar déixovos uns videos elaborados pola Axencia Espacial Europea con fin divulgativo e educativo. Son para repasar ou comezar o coñecer aspectos básicos de astronomía.
Despois de visualizar o video comezaremos a traballar:
Lectura do tema 1 (o noso tema 6) comprensiva.
Para comprobar que entendemos o lido faredes no cuaderno as actividades de repaso da ficha 1. Son aspectos teóricos básicos para comezar a entender o tema.
O mércores deixareivos un tutorial explicativo dos seguintes pasos que ímos dar. Estou en pleno proceso de edición da miña primeira clase virtual...
SÁBADO 6 DE ABRIL: ENTREGA DE TAREFAS DO TEMA 6 (1): Coma sempre aparecerán os números dos alumnos/as que me remitiron as actividades.
1.º A: 2, 3, 4, 5, 7, 8, 9, 11, 16, 17, 21, 23, 29,
1.º B: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 11, 12, 13, 17, 18, 19, 21, 25, 26, 27, 29
LUNS, 6 /04/20: TAREFAS PARA SEMANA SANTA
Esta semana ímos deixar a Xeografía a un lado para traballar sobre os aspectos da cultura clásica que tiñamos pensado traballar como PBL na aula. Esta nova situación fai necesario que cambiemos o plan inicial polo que só trataremos o tema dos GLADIADORES ROMANOS. No documento que aparece a continuación atoparedes as instruccións. Faredes o traballo de forma individual.
Data de entrega: 15/04/2020
MÉRCORES, 15/04/20
Para o que queda de semana non haberá contidos novos para traballar. Os que tedes as entregas ao día quedades liberados ata o luns. Os que tedes tarefas pendientes podedes aproveitar para poñevos ao día.
ENTREGA DE TRABALLO SOBRE GLADIADORES:
1.º A: 1, 2, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 15, 16, 17, 18, 20, 21, 23, 24, 26, 27, 29
1.º B: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 18, 19, 21, 22, 25, 26, 27, 29
LUNS, 20/04/2020: ACTIVIDADES DESTA SEMANA (20- 26 de abril)
Imos seguir traballando coa Xeografía pero esta semana dun xeito especial. Como comentamos na páxina de inicio, o día 23 é o día do libro así que para conmemoralo traballaredes a partir dunha das novelas que máis viaxa polo mundo: A VOLTA AO MUNDO EN OITENTA DÍAS!!!!
A Volta ao Mundo en oitenta días é un libro do escritor francés Jules Verne publicada en 1873 (anteriormente aparecera por entregas nun xornal parisino). Narra as peripecias de Phileas Fogg e o seu axudante Jean Passepartouot para conseguir gañar a aposta que o misterioso Señor Fogg fixo cos seus compañeiros do Reform Club: percorrer o mundo en oitenta días.
Nesta aventura a insólita parella visita dez países partindo desde Londres. O voso traballo desta semana consistirá en traballar a materia de Xeografía a través deste narración. Comezamos! (a continuación déixovos a proposta de traballo).
O primeiro que tedes que facer é escoller dous países entre os que visitan os nosos protagonistas:
· Reino Unido (Londres)
· Francia (París)
· Italia (Brindisi)
· Exipto (O Cairo)
· India (Bombay e Calcuta)
· Singapur
· China
· Japón (Yokohama)
· Estados Unidos (San Francisco e Nova York)
· Reino Unido (Liverpool). Fin da viaxe.
Unha vez escollidos estades listos para a vosa investigación. O traballo sobre ela é o documento que adxunto a continuación.
VENRES, 24/04/20: ENTREGA DE TAREFAS (A volta ao mundo)
1.º A: 1, 2, 4, 7, 8, 9, 10, 11, 15, 16, 17, 18, 20, 21, 23, 24, 26, 27, 29
1.º B: 1, 2, 3, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 14, 16, 18, 19, 21, 22, 25, 27, 29.
¡VENRES!
Xa estamos de fin de semana. Déixovos en pdf a novela que me serviu de inspiración para as vosas tarefas desta semana. Se vos animade a lela xa me conteredes impresións. Eu gardo un bo recordo dela. Nesta novela tamén se basaron para crear unha serie de debuxos animados "A volta o mundo de Will Fogg".
Esta é a edición que lin cando era algo máis pequena ca vós. Atopeino este verán na casa familiar.
Martes, 27/04/20: TAREFAS PARA ESTA SEMANA (26 abril- 4 de maio)
Esta semana ides traballar moitos conceptos que xa coñecedes pois no primeiro trimestre de Bioloxía vístelas co profe Cándido. Imos seguir co Tema 6 (1 do libro). O primeiro que ides facer é ler o power point que vos deixarei a continuación destas instruccións. A súa lectura tédela que completar polo libro así que non esquezades telo ao lado. Unha vez lida a información traballaredes coas actividades.
ACTIVIDADES:
Como poderedes comprobar son unha recopilación de actividades para ir traballando de forma práctica os conceptos máis importantes do tema.
Se vos é posible debedes imprimilas para traballar con elas pero a man non de forma dixital.
O luns 4 como último día enviarédesmas feitas cos métodos de sempre: escaneado ou fotografías das mesmas.
Os que levades certo aatraso no envío de tarefas ide enviando o rematado.
LUNS, 4/05/20: ENTREGA DE TAREFAS (Repasando o tema 1)
1.ºA: 1, 2, 4, 5, 7, 8, 9, 11, 15, 16, 17, 21, 23, 24, 26, 27, 29.
1.ºB: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 10, 11, 13, 14, 18, 19, 21, 22, 25, 27, 29.
MARTES, 5/05/20: Actividades para esta semana (04-11 de maio):
Esta semana ímos seguir consolidando os coñecementos do tema 1. A continuación déixovos unha ficha de actividades:
Descargades a ficha e pegádela no cuaderno.
Facedes as actividades nunha folla da libreta pois na ficha veredes que non hai espazo suficiente para facelo dunha forma ordenada e limpa.
Mandádesme, coma sempre, foto ou escaneado.
Luns, 11/05/20: ENTREGA DE TAREFAS (Ficha: A Terra Móvese)
1.ºA: 1, 2, 4, 5, 7, 9, 8, 10, 11, 15, 16, 17, 20, 21, 23, 24, 25, 26, 27, 29.
1.ºB: 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 19, 21, 22, 25, 26, 27, 29.
Mércores, 13/05/20. Actividades para esta semana (11 ao 18 de maio).
Ola:
Esta semana comezamos o repaso dos contidos da 1ª e da 2ª avaliación. Esta semana ides traballar coa Prehistoria por medio de fichas; a semana que vén tocaravos un pequeniño traballo de investigación sobre algún aspecto da Prehistoria peninsular.
O método de traballo será o habitual:
Descargades a ficha e pegádela no cuaderno.
Facedes as actividades nunha folla da libreta pois na ficha veredes que non hai espazo suficiente para facelo dunha forma ordenada e limpa.
Mandádesme, coma sempre, foto ou escaneado.
Coidade a presentación do caderno e facede respostas completas e con sentido; non se trata de pasar o trámite senón de aprender.
Luns, 18/05/20: ENTREGA DE TAREFAS (Prehistoria)
1.ºA: 1, 2, 4, 7, 8, 10, 11, 15, 16, 17, 20, 21, 23, 26, 27, 29
1.ºB: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 11, 13, 14, 18, 19, 21, 22, 25, 27, 29
Mércores, 20/05/20. Actividades para esta semana (20 de maio ao 27 de maio)
Ola a todas e todos! Esta semana seguiredes traballando a Prehistoria pero esta vez imos traballar co espazo xeográfico peninsular. Para esta tarefa prepareivos un traballo de investigación sobre os pobos prehistóricos que habitaban a península e que foron os protagonistas do encontro coas lexións romanas (pero esto será noutro capítulo).
No documento que vos adxunto a continuación tedes unha breve introducón para que vos centredes no que ides traballar e a continuación as instruccións para facer o traballo. No tema 11 do libro tedes tamén información.
Unha vez que o teñades listo xa mo enviades.
PD: Por favor, ide poñendo os traballos ao día todos aqueles alumnos/as que non fixestes todas as entregas.
IMPORTANTE RECUPERACIÓNS:
A semana que vén publicarei cómo vou organizar as recuperacións da avaliacións anteriores. Posiblemente farei unha nova pestana no site que se chamara "Recuperacións e será aí onde nos comuniquemos.
Martes, 26/05/20: ENTREGA DE TAREFAS (A Prehistoria da península Ibérica)
1.ºA: 1, 2, 4, 5, 7, 8, 10, 11, 15, 16, 17, 19, 20 21, 23, 24, 25, 26, 27, 29.
1.ºB: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 11, 14, 18, 19, 21, 22, 25, 27, 29.
Lembrade que o prazo remata o mércores 27.
Mércores, 27/05/20. Actividades para esta semana (27 maio- 3 xuño)
Ola! Seguimos co noso repaso da Historia Antiga" coas "Civilizacións Fluviais" . Esta semana empezaremos por Mesopotamia. De novo son as fichas que nos propón Santillana polo que faredes igual que as semanas anteriores:
Descargades a ficha e pegádela no cuaderno.
Facedes as actividades nunha folla da libreta pois na ficha veredes que non hai espazo suficiente para facelo dunha forma ordenada e limpa.
Mandádesme, coma sempre, foto ou escaneado.
Coidade a presentación do caderno e facede respostas completas e con sentido; non se trata de pasar o trámite senón de aprender.
Mércores, 3/06/20: NOVAS
DESDE O VENRES PASADO ESTÁN POSTAS NO APARTADO "RECUPERACIÓNS" O TRABALLO PARA AS RECUPERACIÓNS DA 1.ª E 2.ª AVALIACIÓN PARA AQUELES ALUMNOS/AS QUE TEÑEN PENDENTE ESA MATERIA.
Mércores, 3/06/ 20.ENTREGA DE TAREFAS (As civilizacións fluviais)
1.ºA: 1, 2, 7, 8, 10, 11, 15, 16, 17, 21, 24, 25, 26,
1.ºB: 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 11, 14, 18, 19, 21, 22, 26, 27, 29
FALTAN AÍNDA MOITOS TRABALLOS E O PRAZO REMATABA HOXE
Mércores, 3/06/20. Tarefas para esta semana (3 de xuño ao 10 de xuño)
Seguindo co noso repaso á Historia Antiga esta semana traballeredes sobre Grecia. Repasaremos aspectos históricos e cronolóxicos dos episodios máis salientables.
Descargades a ficha e pegádela no cuaderno.
Facedes as actividades nunha folla da libreta pois na ficha veredes que non hai espazo suficiente para facelo dunha forma ordenada e limpa.
Mandádesme, coma sempre, foto ou escaneado.
Coidade a presentación do caderno e facede respostas completas e con sentido; non se trata de pasar o trámite senón de aprender.
Déixovos un vídeo sobre a figura de Alejandro Magno, un personaxe que perdura no tempo quizá tocado polo favor dos deuses.
çMÉRCORES, 10/06/20: ENTREGA DE TAREFAS (GRECIA).
A: 1, 2, 5, 7, 8, 10, 11, 15, 16, 17, 21, 23, 26, 27, 29
1.º B: 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 11, 14, 18, 19, 21, 22, 25, 27, 29
MÉRCORES, 10/06/20: PLANIFICACIÓN ÚLTIMA SEMANA:
Esta semana será unha semana de recopilación. Non haberá tafefas novas. A continuación planificamos o que ímos facer:
Os alumnos/as que teñen que recuperar as avaliacións pasadas seguirán traballando nas tarefas asignadas. Lembrade que teñen prazo de entrega inamobible. Teredes que estar pendentes so site por si surxe algunha novidade.
Os alumnos/as que teñen a 1.ª e a 2.ª avaliación aprobadas e tódolos traballos da 3.ª entregados, poderán descansar xa.
Aquelas alumnas e alumnos que teñen pendentes traballos e entregas poderán rematalas e envialas como último día o venres 12 ás 00 horas. Aquí cabe aclarar que as tarefas foron programadas semanalmente e non pensadas para facer "de golpe" agora ao final, está cuestión será tida en conta ao remate da avaliación.