Ola, rapaces e rapazas:
A continuación tedes as instruccións para traballar estas semanas. Por favor, aproveitade o tempo.
COMEZAMOS CON XEOGRAFÍA!!!!!
Esta primeira semana traballaredes co tema 7 do libro de texto. Nel descubriredes os aspectos físicos, é dicir, do relevo da península Ibérica e tamén de Galicia.
O idóneo é que traballedes con este material durante tres sesións (luns, martes e xoves) para non perder a rutina nesta materia.
Para o seguimento do voso traballo comunicarémosnos por correo electrónico. Cando rematedes o traballo xa sexa por sesións ou o venres en entrega única enviarédesme por mail unha foto de boa calidade ou ben o traballo escaneado para a súa correción. Esto é fundamental pois o seguimento do voso traballo é imprescindible.
INSTRUCCIÓNS:
Ler detidamente o tema durante unha ou varias sesións.
Inaugurar no caderno a parte de Xeografía e o tema 7.
Ir facendo o esquema que aparece debaixo no caderno (en cursiva aparecen as indicacións).
Cada sesión de traballo deberedes avanzar dous ou tres epígrafes.
ESQUEMA DO RELEVO PENINSULAR
1. ASPECTOS XERAIS: Completar cada apartado
· Posición xeográfica dentro de Europa:
· Forma e vértices :
· Extensión:
· Latitude:
· Países que a ocupan:
2. CONFIGURACIÓN FÍSICA: OS SEUS TRAZOS ESENCIAIS Son 4
3. AS UNIDADES DO RELEVO: Ir completando cada unidade cos seus elementos destacados
a) Meseta Central:
b) Rebordos montañosos:
c) Depresións externas:
d) Cordilleiras exteriores:
4. AS COSTAS
España ten un litoral moi amplo. Diferenciamos polo tanto entre costa cantábrica, costa atlántica e costa mediterránea.
4.1 A costa cantábrica: Características.
4.2 A costa mediterránea: Características.
Distinguimos cinco zonas: indicar cales son
4.3 A costa atlántica: Características.
Distínguense tres zonas: indicar cales son
5. OS RÍOS
5.1 Características:
Están condicionados pola diversidade climática e o relevo.
O clima: explicalo
O relevo: explicalo
5.2 Vertentes hidrográficas:
A rede fluvial peninsular estrutúrase en tres vertentes hidrográficas: indicar os trazos característicos de cada vertente.
· A vertente Cantábrica:
· A vertente Mediterránea:
· A vertente atlántica:
MARTES 17 DE MARZO:
Aquí vos deixo o power point deste tema para axudarvos no voso traballo. As partes de "repasamos" empregarámolas á volta para traballar estes contidos. Espero que vos sexa de axuda.
O venres, tedes a última sesión de Xª Hª da semana, espero os vosos traballos.
ENTREGA DE TAREFAS:
Irei comunicando os alumnos/as que van entregando o traballo desta semana. Aparecerá o número de clase (nin nomes nin iniciáis) . actualizarei cando me remitades o esquema completo. Aos vosos mail ireivos contestando tamén para que saibades da miña recepción.
2.º A: (ollo, os números de lista son os novos):
1, 2, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 11, 12, 13, 14, 16, 17, 18, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 29
2.º B:
2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 15, 17, 18, 20, 21, 22, 23, 26, 27
RECOMENDACIÓN:
Déixovos un recurso on line moi didáctico e divertido para repasar o mapa físico de España e practicar o relevo de Galicia. Se vos animades a xogar e concursar nel comentádemo!
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos
LUNS, 23/03/20
Ola a todos! Esta semana ides continuar traballando os aspectos físicos da península. Unha vez lida e esquematizada a parte teórica tócanos traballar de forma práctica o relevo peninsular. A continuación deste texto déixovos as actividades, son para facer nesa mesma folla sen pasar á libreta. Para a súa realización tedes que empregar o cuaderno (esquema) e o libro pois eleboreinas a partir del.
INSTRUCCIÓNS:
Descargar o documento das actividades e traballar nel directamente.
Empregar o cuaderno e o libro para a súa realización.
Dedicarlle dúas sesións desta semana (se precisades as tres pois as tres).
Entregar vía foto ou escaneado a ficha.
AQUELES ALUMNOS QUE TEÑAN AS TAREFAS DA SEMANA PASADA PENDENETES QUE AS REMATEN ANTES DE POÑERSE CON ESTAS.
MÉRCORES, 25/03/2020: Comezan a chegar as primeiras actividades do tema 7. Abro polo tanto o apartado de entregas:
ENTREGA DE ACTIVIDADES TEMA 7:
2-º A: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 11, 12, 13, 14, 16, 18, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 27, 29.
2.º B: 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 10, 15, 17, 18, 20, 21,22, 23, 26, 27.
LUNS, 30/03/2020: TAREFAS PARA ESTA SEMANA ATA O VENRES 3 DE ABRIL.
Esta semana ides traballar aspectos relacionados coa nosa rexión autónoma, Galicia:
Primeiro ides investigar sobre aspectos físicos, territoriais e culturáis coa ficha que se titula "Coñecemos Galicia". A inforamción debédela buscar no libor e tamén na rede. Podedes traballar directamente no documento word, preferiblemente descargado e pegado no cuaderno a continuación do voso esquema do tema e das actividades da semana pasada.
Cubrir un mapa físico mudo de Galicia cos accidentes xeográficos que vos adxunto no segundo documento. Déixovos tamén un mapa físico para descargar. No mapa SÓ se pon o nome da forma xeográfica, NON se poñen os números. Subliñade dunha cor disitinta cada grupo de formas (ríos, montañas, cabos, etc)
SÁBADO 4 DE ABRIL: ENTREGA DE TAREFAS (GALICIA): Coma sempre aparecerán os números dos alumnos/as que me remitiron o traballo:
2.º A: 2, 4, 6, 8, 9, 11, 13, 14, 16, 17, 18, 20, 22, 23, 24, 25, 29
2.º B: 2, 3, 4, 6, 7, 8, 10, 15, 17, 18, 20, 21, 22, 23, 26.
LUNS, 6/04/2020: TAREFAS PARA SEMANA SANTA
Esta semana ides facer unha viaxe desde a casa. Será un traballo no que planificaredes unha viaxe turística por Galicia ou por calquera outra rexión española. No documento que aparece a continuación tedes as instruccións.
Data de entrega: 15/04/2020
AVISO IMPORTANTE:
O profe Cándido puxo en marcha un site para as súas materias. Atoparádelo entrando desde a páxina web do cole.
MÉRCORES, 15/04/20
Para o que queda de semana non haberá contidos novos para traballar. Os que tedes as entregas ao día quedades liberados ata o luns. Os que tedes tarefas pendientes podedes aproveitar para poñevos ao día.
ENTREGA DE TAREFAS DE SEMANA SANTA (Ruta):
2.ºA: 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 12, 13, 14, 17, 18, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 29.
2.ºB: 2, 4, 6, 7, 8, 10, 12, 15, 17, 18, 20, 21, 22, 23, 26.
LUNS, 20/04/20
Esta semana imos comezar a traballar co tema 8 "A poboación" o que ímos ver son conceptos clave para estudar e analizar a poboación dun lugar. A ciencia que estuda a evolución da población dun territorio é a demografía e susténtase en tres formas principais:
Os mapas de coropletas (zonas de cor) nos que se identifican con distintos graos dunha mesma cor os índices de poboación.
As taxas demográficas, é dicir, fórmulas coas que averiguar, por exemplo, o aumento ou descenso de poboación nun lugar determinado. Son de carácter anual e exprésanse en "tantos por mil" %0.
As pirámides de poboación: gráficas que expresan a porcentaxe de poboación que hai nun lugar atendendo á idade e o sexo.
O primeiro que ides facer e visualizar o power point e inaugurar no cuaderno o tema 8. No power point explícovos os tres elementos mencionados.
Unha vez lido o power point e na libreta faredes a modo de exemplo os problemas de taxas (tasa) demográficas que vos adxunto no documento seguinte. Repito, facédeas na libreta.
Neste tema ímos ir a modo polo que esta semana só leredes a teoría e faredes os exemplos. Sigo a espera das tarefas anteriores dos alumnos que por diversos motivos áinda non se puxeron ao día.
Venres, 24/04/20: ENTREGA DE TAREFAS ( Tasas demográficas)
2.ºA: 1, 2, 4, 8, 9, 12, 13, 14, 16, 18, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 29
2.ºB: 2, 3, 4, 10, 11, 15, 17, 18, 20, 21, 23, 26.
Luns, 27/04/20: Tarefas para a semana do 27 abril- 3 de maio
Esta semana ides traballar coas pirámides de poboación. Xa falamos delas no anterior power point pero agora elaborei un máis específico que poderedes ver a continuación. Nel aparece a explicación de cómo se elaboran e de cómo se fai a súa análise. Ao final do mesmo están os exemplos que tedes que facer.
Unha vez feito este traballo correxiremos esta primeira parte. Estou a darlle volta á forma máis idónea. Cando me remitades este traballo (domingo 3 como data límite salvo que levedes certo atraso por distintas causas) decídeme se poderiades conectarvos a través de zoom ou outra aplicación (estou en fase investigación).
Gracias pola vosa responsabilidade.
Deixo de novo o enlace o site de Física e Química.
LUNS, 4/05/20: ENTREGA DE TAREFAS (Pirámides demográficas)
2.ºA: 1, 2, 6, 8, 9, 12, 13, 14, 16, 17, 18, 20, 21, 22, 23, 24, 29.
2.ºB: 1, 2, 3, 4, 7, 8, 10, 15, 17, 18, 20, 21, 22, 23, 26,
MARTES, 5/05/20: Actividades para a semana do 4-11 de maio.
Unha vez que vimos unha primeira parte de contido novo de Xeografía, imos afondar na súa asimilación repasando os aspectos máis importantes. Para esta semana déixovos unha ficha de repaso do tema 7:
Descargar a ficha e pegala no cuaderno.
Facer os exercicios na libreta.
Enviar, coma sempre, foto ou escaneado.
Lembrade que tedes un power point deste tema no site.
Luns, 11/05/20: ENTREGA DE TAREFAS ( Ficha: Os espazos naturais e o relevo).
2.ºA: 1, 2, 5, 6, 7, 8, 9, 12, 13, 14, 16, 17,18, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 29.
2.ºB: 2, 4, 7, 6, 8, 10,12, 15, 17, 18, 20, 21, 22,
Mércores, 13/05/20. Actividades da semana do 13 ao 18 de maio.
Ola!
Esta semana comezaremos o repaso da Historia medieval. Coma xa vos dixen na páxina principal, imos alternar no noso repaso as fichas de apoio que nos facilita a editorial con actividades e traballos de investigación.
Esta semana comezaremos polas fichas e empregaredes o método habitual:
Descargar as fichas e pegalas no cuaderno.
Facer os exercicios na libreta.
Enviar, coma sempre, foto ou escaneado.
Por favor, coidade a presentación e as respostas do voso traballo, non se trata de pasar o trámite senón de aprender co traballo.
Martes, 19/05/20: ENTREGA DE TAREFAS (Bizancio e Islam)
2.ºA: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 12, 13, 14, 16, 17, 18, 21, 22, 23, 25, 27, 29.
2.ºB: 2, 3, 4, 6, 7, 8, 10, 11, 13, 15,18, 20, 21, 22, 23, 26.
PD: Por favor, ide poñendo as tarefas ao día!!!!!!
Mércores, 20/05/20. Actividades para esta semana (20 de maio ao 27 de maio )
Esta semana ides traballar coa arte da Alta Idade Media (s, V-X) que son os séculos que comprenden a Historia que repasastes a semana pasada. No documento que vos deixo a continuación tedes a información.
IMPORTANTE RECUPERACIÓNS:
A semana que vén publicarei cómo vou organizar as recuperacións da avaliacións anteriores. Posiblemente farei unha nova pestana no site que se chamara "Recuperacións" e será aí onde nos comuniquemos.
Martes, 26/05/20: Entrega de tarefas (A arte Asturiana)
2.º A: 1, 2, 3, 5, 7, 8, 9, 12, 13, 16, 17, 18, 20, 21, 22, 23, 24, 26, 29.
2.º B: 2, 3, 4, 6, 7, 8, 10, 15, 17, 18, 20 , 21, 22.
Lembrade que o prazo para envialas remata mañá...
Mércores, 27/05/20. Actividades para esta semana (27 de maio ao 3 de xuño).
Ola, imos seguir co repaso da Historia Medieval a través das fichas de Santillana. Esta semana tócavos repasar as causas do feudalismo: segundas invasións (traballando sobre os viquingos) e a formación do reino Carolinxio. Para este traballo seguiredes as instruccións habituais con este tipo de fichas:
Descargar as fichas e pegalas no cuaderno.
Facer os exercicios na libreta.
Enviar, coma sempre, foto ou escaneado.
Por favor, coidade a presentación e as respostas do voso traballo, non se trata de pasar o trámite senón de aprender co traballo.
Mércores, 3/06/20. ENTREGA DE TAREFAS (Os viquingos)
2.ºA: 1, 2, 3, 4, 5, 8, 9, 11, 13, 14, 16, 17, 18, 21, 22, 23, 24, 26, 27, 29
2.ºB: 2, 3, 8, 10, 12, 13, 15, 20, 21, 26, 27.
Mércores, 3/06/20. Actividades para esta semana (3 de xuño ao 10 de xuño)
Esta semana seguiremos traballando o Feudalismo. As fichas entregaránse como ven sendo habitual.
NOVAS:
LEMBRADE QUE XA ESTÁN NA SECCIÓN "RECUPERACIÓNS" AS PROPOSTAS PARA A RECUPERACIÓN DAS AVALIACIÓNS ANTERIORES.
MÉRCORES, 10/06/20: ENTREGA DE TAREFAS ( REINOS E IGREXA FEUDAL)
2.ºA: 1, 2, 3, 4, 5, 8, 9, 12, 13, 14, 16, 17, 18, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 29.
2.º B: 2, 3, 8, 10, 12, 15, 17, 20, 21, 22, 27
MÉRCORES, 10/06/20: PLANIFICACIÓN ÚLTIMA SEMANA:
Esta semana será unha semana de recopilación. Non haberá tafefas novas. A continuación planificamos o que ímos facer:
Os alumnos/as que teñen que recuperar as avaliacións pasadas seguirán traballando nas tarefas asignadas. Lembrade que teñen prazo de entrega inamobible. Teredes que estar pendentes do site por si surxe algunha novidade.
Os alumnos/as que teñen a 1.ª e a 2.ª avaliación aprobadas e tódolos traballos da 3.ª entregados, poderán descansar xa.
Aquelas alumnas e alumnos que teñen pendentes traballos e entregas poderán rematalas e envialas como último día o venres 12 ás 00 horas. Aquí cabe aclarar que as tarefas foron programadas semanalmente e non pensadas para facer "de golpe" agora ao final, está cuestión será tida en conta ao remate da avaliación.