COUSAS DE HISTORIA
BENVIDOS ao site de Xeografía e Historia do primeiro ciclo de ESO do Colexio Labor. Aquí atoparedes noticias, apuntamentos e material de interese para o desenvolvemento das clases.
a partir do día 16 de marzo...
comezaredes o seguimento das clases a través desta páxina. Estade atentos ás instruccións e aproveitade o tempo.
Ánimo nestes días, son circunstancias que necesitan por parte de todos nós un comportamento e unha responsabilidade á altura delas.
Para calquera dúbida ou suxerencia xa sabedes onde atoparme: cousasdehistoria@gmail.com
Cada curso ten as súas instruccións na súa sección deste site (1º ESO e 2º ESO). Intentade traballar tódolos días seguindo un horario que vos permita non perder a rutina. Deste modo, traballade esta materia os días que normalmente temos clase en sesións dunha hora.
Para o seguimento do traballo tedes a información na vosa sección de curso.
HORAS DE VALORES ÉTICOS:
Ides aproveitar esas horas para traballar nas materias que necesitedes. Ollo, non son horas libres, eh? Tomádeas como horas de reforzo para o resto de materias.
1.º ESO: MARTES 3.ª H (1.ºB) 4.ª H (1.ºA)
2.º ESO: XOVES 1.ª H (2.ºB) 2ªH (2.ºA)
3.º ESO: VENRES 3.ª H (3.ºB) 4.ªH (3.ºA)
MÉRCORES 18/03/2020
Moitas gracias a todos/as pola vosa responsabilidade e gracias ás vosas familias por estarvos axudando con esta nova rutina de estudo. ¡Estádelo facendo moi ben! ¡Animo estes días! Aproveitade para estudar, pero tamén para disfrutar dunha boa peli, dun libro, da vosa música favorita, facede exercicio e sobre todo falade e ride coa familia que está con vós... hai que sacar sempre cousas positivas das circunstancias que nos tocan e xa sabedes...#euquedonacasa.
LUNS, 23/03/2020
Ola a todos/as! Comezamos a segunda semana de confinamento con novas propostas. Gracias de novo polo voso traballo da semana pasada; xa sabedes que estas actividades están pensadas para ir traballando de forma paulatina os contidos e sobre todo para que non perdades a rutina e o hábito de estudo.
Atoparedes o traballo a realizar e as instruccións na vosa sección.
#euquedonacasa.
LUNS, 30/03/20
Imos a pola terceira semana de cuarentena na casa, que lento e rápido pasa o tempo estes días. Como estas semanas atrás deixarei a proposta de traballo na sección de cada grupo.
Gracias polo voso interese e responsabilidade.
#euquedonacasa
LUNS, 6/04/20
Ola, alumnado!
Esta semana aínda que na casa é unha semana algo diferente que ben merece actividades distintas. Tedes a proposta de traballo na vosa sección.
#semanasantanacasa
LUNS, 6/04/2020
Estes días xa estades recibindo as vosas calificacións da 2.ª evaliación. Se non superastes esta materia, non vos preocupedes, teredes unha proba de recuperación adaptada a estas circunstancias excepcionais que estamos viviendo. De momento non imos plantexar que e como será, vou esperar a ter instruccións e ver como se desenvolven as próximas semanas. Estade tranquilos, buscarei o mellor método para non perxudicar a ninguén.
MÉRCORES, 15/04/2020
Xa estamos á volta de Semana santa e metidos de cheo nun terceiro trimestre atípico e bastante incerto. Nós ímos seguir traballando a modo partes da Xeografía e tamén voltaremos de cando en vez a revisar a Historia e a Arte do medievo.
Coma sempre, seguide a vosa sección do site para ver as novidades.
#abrilencuarentena
LUNS, 20/04/2020
Ola a todas e todos!
Comezamos unha nova semana. Coma sempre, atoparedes as instruccións das actividades desta semana na sección do voso site.
O xoves: 23 de abril é o día do libro así que aproveitade esta semana para ler un bo libro e viaxar a través das súas historias
#abrilencuarentena #unnenoqueleéunadultoquepensa #euquedonacasalendo
DÍA DO LIBRO...
Para seguir conmemorando o día do libro e o pracer de ler propóñovos un reto; escoller un parágrafo ou frase dun libro. unha poesía ou unha estrofa que vos guste, que vos chamase a atención ou ben algo escrito por vós e que queirades compartir. Unha vez que saibades cal é mandádesme o texto en formato dixital escrito de forma coidada e vistosa pois publicareinas por este medio. l. Animádevos!!!! Comezo eu...
Luns, 27/04/20
Mañá teredes nas vosas seccións as tarefas para esta semana. Espero que todos estedes disfrutando dos paseíños que xa podedes dar aínda que sexan pasados por auga.
#paseandobaixoachoiva #undíamáiséundíamenos
Luns, 4/05/20
Ola a todos!!!! Xa levamos algún tempo traballando con esta nova fórmula e toca agradecervos a responsabilidade que estades mostrando coas tarefas , en xeral estou moi contenta e recibindo uns traballos excelentes. Espero vervos pronto que xa empezo a botar en falta ir ó cole e atoparvos con esa enerxía inesgotable.
Coma sempre atoparedes o traballo deta semana na vosa sección de curso.
Apertas!!!!!
#46díasnacasa #agoraxapodemossaír
Mércores, 13705/20
Unha semana máis organizamos o traballo de XªHª. Atoparedes as actividades na vosa sección. A partir desta semana ímos traballar con contidos de repaso para afianzar todos os conceptos e fomos aprendendo ao longo do curso, excepto algunha semana que avanzaremos un pouquiño. Esta combinación de contidos de repaso e de avance faranos máis dinámicas este último tramo de curso.
#60díasvendonosporaquí #aproveitandoafaseun