Igrexa de San Bieito do Campo

A igrexa de San Bieito do Campo é un dos edificios que mellor representan o estilo neoclásico na cidade de Santiago de Compostela.

Situada na Praza de Cervantes, San Bieito construíuse nos anos finais do século XVIII sobre unha antiga igrexa que atopa as súas orixes no século X.

Denominación: Igrexa de San Bieito do Campo

Tipoloxía: Edificio relixioso.

Cronoloxía: Século XVIII.

Categoría: Igrexa; Patrimonio da Humanidade.

Localización: Praza de Cervantes, s/n.

Coordenadas: 42°52'51.8"N 8°32'31.6"W.

Propiedade: Privada.

O arquitecto:

O principal arquitecto da igrexa de San Bieito do Campo foi o santiagués Melchor de Prado y Mariño, nado no ano 1770.

Iniciou os seus estudos artísticos na escola patriótica de debuxo que a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago establecera en 1792. Alí coñeceu a Miguel Ferro Caaveiro, importante arquitecto que chegaría a ser mestre de obras da Catedral, e do cal sería pupilo nos seus primeiros anos.

No ano 1792, tras conseguir a protección do arcebispo de Santiago, logrou ingresar como alumno na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, onde se embebeu dos tratados de arquitectura antiga e moderna nos libros ilustrados da biblioteca. Especial influencia sobre el tivo o arquitecto romano Vitruvio e o renacentista Palladio, aos que debe o severo e rigor arquitectónico polo que se caracterizou.

Prado nunca acadou a relevancia ou transgresión dos seus mestres ou algúns dos seus compañeiros, senón que simplemente se cinguiu ao que aprendera en sus años de Madrid. Porén, as súas aportacións supuxeron unha clara innovación no panorama galego, que seguía anclado no barroco.

O seu respeto ás novas correntes arquitectónicas presentes na Academia apréciase na súa obra en San Bieito do Campo, igrexa proxectada por el cando aínda era alumno en Madrid; e máis tarde noutras das súas proxeccións en Galicia, como a da Colexiata de Vigo.

O estilo:

O estilo arquitectónico que presenta a igrexa é o Neoclasicismo, unha corrente que, como produto da Ilustración, é unha arte puramente racional e que responde ao ideal estético de perfeccionar a natureza mediante a busca da beleza, entendida como a expresión perfecta dunha idea. Isto vai facer das obras neoclásicas algo carente de emoción, funcional e severo.

É un estilo baseado nas regras, ás que se supedita a imaxinación ou a expresividade do artista.

Cando isto se traslada á arquitectura, unha das máximas do Neoclasicismo vai ser a defensa da línea recta fronte á vivacidade da curva barroca.

A igrexa:

Anteriormente a 1795, a igrexa atopábase en estado ruinoso, así que decidiu reformarse por completo, retraendo a súa lonxitude para adaptala mellor nas dimensións do entramado urbano, o cal estaba a transformarse desde as ordenacións de reforma en época barroca.

No interior do templo, Melchor de Prado respectou os principios vitrubianos da funcionalidade e a severidade, tan característicos dese neoclasicismo académico. É unha planta rectangular e basilical con cinco tramos e un presbiterio que se separa da nave por un arco triunfal sostido por pilastras lisas, no que se pode ler en letras douradas as verbas do Salmo 84. Finalmente, remata nunha ábside semicircular invisible desde o exterior, posto que semella non romper a rectangularidade da planta ao engadir dúas estancias acopladas. As capelas nicho están sostidas por pilastras toscanas e por un entaboamento que remata nunha mesma cornisa que da paso a unha bóveda de canón con arcos feixóns e lunetos que iluminan a igrexa cunha luz cenital.

Polo que respecta á fachada, esta caracterízase pola súa simpleza e, de novo, ese principio vitrubiano da severiddade. Carece totalmente de decoración, a excepción da propia porta, que se cubre de molduras, e o arco de medio punto da fiestra, que permite a iluminación do coro alto. O seu frontón posúe unha sorte de tacos denominados mútulos. Finalmente, a fachada remata coronándose cunha torre campanario que pouco ten que ver co neoclasicismo. Este detalle incluiuse para que a igrexa non rompese a harmonía visual da cidade, na que practicamente todos os edificios relixiosos contan con campanarios de orixe barroca.


2. Detalle da fachada.

3. Detalle do interior.

Bibliografía: